1. ¿UNHA LINGUA MÁIS OU UNHA LINGUA ESPECIAL?

 

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

De cando en vez paga a pena pararse a pensar nas cousas da lingua para vencer receos e actitudes negativas e desterrar erros pensando que é unha lingua rara entre as linguas “normais”.

 

Imos ver un exemplo mirando para o idioma máis prestixioso do mundo por hoxe –o inglés-, como modelo.

 

Prescindindo da época histórica e traéndoa aos nosos días, a lingua que falaban os personaxes das novelas de Charles Dickens:

 

.¿Sería un inglés coloquial ou coidado, normativo e bendicido por unha Academia?

.¿Sería inglés contaminado por outra lingua que exercese presión sobre el?

.¿Dubidarían os seus falantes e perceptores de que falaban inglés?

.¿Falarían igual se procedían de distintos lugares?

 

Unha vez feitas esas preguntas e tratando de respondelas, ¿podedes establecer algún paralelismo co que pasa coa nosa lingua, os seus falantes e os seus perceptores?

Advertisements

2 thoughts on “1. ¿UNHA LINGUA MÁIS OU UNHA LINGUA ESPECIAL?

  1. Penso que non ten comparación. Cando eu era nena había que falar castelán porque falar galego era de xente pouco instruida. Ibas polo mundo e no resto do estado facían mofa dos galegos, ser galego era sinónimo de ignorante, cobarde e fascistas, eso os homes que as mulleres engandianos además que eramos …..no me atrevo a escribir a palabra. Nunca coñecin o orgullo de ser galega hasta que topei a vivin o orgullo que os catalans tiñan polo seu país e polo seu idioma. Un día meu pai que no seu dia comprarame un exemplar do Quixote e mais un Diccionario de Lengua Castella, puxome nas mas os Cantares Galegos de Rosalía e mais un Diccionario de Galego, e falome de Rosalía, de Emilia Pardo Bazan e de Comcepcion Arenal.
    Agora sigue a falar muy pouco, estase perdendo nas aldease moita xente sigue a desprecialo.
    Esta e a miña vivencia

    • Moitas grazas polo teu post. Eu xusto propoñía un debate alleo aos feitos que se deron debido a que os falantes crían que a súa lingua non valía. Hai moitos paralelismos na miña proposta, pero non resulta doado velos e iso debo telo en conta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s