10. 2. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A finalidade destes exercicios é consolidar a aprendizaxe da colocación pronominal contrastando que hai cambios de lugar en presenza dalgunhas palabras que modifican a regra. Xa que logo, eu vou dar a mellor resposta, pero o interesante é que poñades o foco nos pronomes, xa que ás veces poderá haber outras respostas tamén válidas.

 

 10.2.1 Converte estas oracións en negativas.

Gústame o lavar da túa roupa, Maruxa. / Non me gusta o lavar da túa roupa, Maruxa.

Leváronme onte a un bar de tapeo. / Non me levaron onte a un lugar de tapeo.

Agasalláronme cunha minicadea musical polos Reis. / Non me agasallaron cunha minicadea musical polos Reis.

Déronlles as vacacións hai uns días./ Non lles deron as vacacións hai uns días.

 

10.2.2

 Continúa completando os cambios das seguintes oracións segundo o modelo:

Non te quero diante. /  Quérote diante.

Non llelo levei. / Levéillelo.

Ninguén o chamou. /  Chamouno alguén.

Nada me importa. / Impórtame todo.

Nunca me saúda. /  Saúdame sempre.

Non che vai quedar así. / Vaiche quedar así.

 

10.2.3

 Neves chámache amigo. / ¿Quen che chama amigo?

Saudoute. / ¿Quen te saudou?

Promemeteuche un can. /  ¿Que che prometeu?

Custouche 20€. /  ¿Canto che custou?

Leváronte a Ourense. / ¿Onde te levaron?

Enfadácheste.  / ¿Por que te enfadaches?

Isto déixame fría. /  ¿Como te deixa isto?

 

10.2.4 Corrixe estas oracións recollidas na rede.

 Aos políticos os critica todo o mundo. Aos políticos critícaos todo o mundo

A esta coma aos outros lle convén continuar. A esta coma aos outros convenlles continuar.

Lle vou contar a verdade, señoría. Voulle contar a verdade, señoría.

O fago así desde hai moito tempo. Fágoo así desde hai moito tempo.

Mo levo porque me gusta. Lévoo porque me gusta

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s