15.2. CLASES DE SUBORDINADAS. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES.

IMG_5913

 

CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

15.2.3

a) Os nenos que te saudaron onte viven cerca de onde nos deron unhas cereixas que nos gustaron moito a Xacinto e a min.
b) Cando vos vimos  pasar pola avenida, iades moi entretidos  colocándolles os forros aos libros.
c) Se lle levas o xornal a teu avó non te esquezas de llelo deixar ás primas cando el cho volva.
d) Non me digas que agora non che queda tempo libre.

 

Cómpre indicarvos que para a oración c) hai dúas posibles solucións por ter un infinitivo na subordinada:

 

c.1) “…non te esquezas de llelo deixar ás primas”.

c.2) “…non te esquezas de deixárllelo ás primas”.

 

Aínda teremos casos nos que é posible a colocación deste pronome en tres lugares.

Faremos exercicios para estes casos na próxima unidade. O meu consello é que, en caso de dúbida, como colocalo diante sempre estará ben, usedes a regra común mentres ides afacendo o oído ás outras solucións sabendo que son correctas.

 

Anuncios