
5.1
C. D. C. I.
Me Me
Te Che
O/a/se Lle
Nos Nos
Vos Vos
Os/as/se Lles
USOS DE TE E CHE
O galego desenvolveu moi maioritariamente dúas formas para o pronome átono da segunda persoa do singular: te e che.
Hai verbos que completan o seu significado cun nome ou pronome. Sempre se dá, compra, mira, cambia, come, contesta…. algo.
Se este algo é a segunda persoa, úsase TE
Mírote. Véxote. Lévote no coche. Chámote esta tarde?
Se convertedes a oración en pasiva, ese algo pasa a ser o suxeito paciente: Ti es mirado por min…
Estes verbos chámanse transitivos e ese algo, obxecto ou complemento directo.
Se este algo é outra cousa que pode ir en proveito, dano ou calquera outra relación con esa segunda persoa, úsase CHE, que é o pronome obxecto ou complemento indirecto.
Míroche as mans. Véxoche olleiras. Lévoche a compra no coche. ¿Chámoche a nena esta tarde para que xogue con Rita?
Nestes exemplos, o obxecto ou complemento directo non é a segunda persoa, senón as mans, as olleiras, a compra, a nena. Se convertedes a oración en pasiva, veredes que son esas cousas as que pasan a ser o suxeito paciente: As túas mans son miradas por min.
O equivalente a che na terceira persoa singular é lle e no plural lles (que non existe na falda dalgunhas zonas)
O equivalente a te na terceira persoa é o/a e nos plurais os/as
Préstoche unha chaqueta…. Préstolle unha chaqueta… Préstolles unha chaqueta
Saúdote…… Saúdoa/ Saúdoo….. Saúdoos/ Saúdoas
RECORDA
–Che: o prestado non es ti, nin el, nin ela… é a chaqueta, por iso vai che/lle/lles.
–Te: o saudado es ti, por iso vai te, o/a, os/as)
¡OLLO! Estase usando un castellanismo horroroso co pronome lle que hai que desbotar axiña antes de que enraice:
*Voteille -contexto eleccións-. O votado é el ou ela, polo tanto: Voteino ou voteina…
*Pásolle -contexto de chamadas telefónicas en oficinas-. O pasado es ti/el/ela…, polo tanto: Pásoo ou pásoa/ Pásollo ou pásolla.
*Saúdalle –ao final de escritos oficiais.-. O saúdado e Vde., polo tanto Saúdao/a.
5.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
1. Memorizar para aplicalo:
Os pronomes ME, TE, CHE, SE, O, A, LLE, LLES, OS, AS non comenzan NUNCA unha frase.
2.
-A nena estudou a lección para a profa de música.
-Compro sempre os mellores produtos para a familia.
-Nicolás e Anxos len todos os días contos á irmá pequena.
-Segundo chegaron, pasou aos máis pequenos para o corredor.
-Puxo a Alberte e Maribel senllas chaquetas.
2.1.Indica os suxeitos das oracións anteriores.
2.2.Indica os seus complementos directo e indirecto.
2.3.Escribe os pronomes tónicos que substituír os suxeitos e os átonos que poden substituír os obxectos directo e indirecto.
2.4. Converte dúas delas en pasivas.
2.5. Comproba nelas se o obxecto directo pasa a ser suxeito paciente e o indirecto, non.