OS PRONOMES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

1. PROBLEMÁTICA XERAL DOS PRONOMES PERSOAIS

O galego ten varias dificultades cos pronomes, que a meu ver son o talón de Aquiles da súa aprendizaxe:
-Ten moitos e con usos propios deste idioma.
-A regra para a colocación dos chamados átonos -que carecen de forma acentual na frase-, ten moitas excepcións, porque se ven atraídos fatalmente como os malos amores por determinadas palabras.
-Hainos que se apegan a outros como as cereixas, aquirindo formas complexas nas que pode cambiar algunha letra.
-Na tradución do castelán ao galego -a maioría dos neofalantes veñen deste idioma- hai que ter en conta que as dúas linguas posúen pronomes que non teñen correspondencia na outra.

Imos dedicar as próximas unidades aos pronomes para tratarmos de aprender e manexar a súa complexidade.

PROPOSTA DE ACTIVIDADE

1.-

-Nena que vendes as peras,

¿cantas che mandaron dar?

Para ti, meu queridiño,

non mas mandaron contar.

(Popular)

-¿Recoñeces nesta cantiga algún pronome?

-¿Cres que hai algún pronome composto por outros dous? De ser así, ¿cales serían os pronomes orixinais?

-¿Produciuse algún cambio neste proceso de unión ou quedaron como estaban?

2.-

Substitúe nestas oracións os nomes en negriña por un pronome:

-Levo unha carteira no peto.

-Traio un recado para Marcos.

-Saberá Sandra o que lle importa.

-Teremos que ir ver ese filme.

Anuncios

14 pensamientos en “OS PRONOMES

  1. 1. Che, ti, mas (de me+as) polo tanto, modificouso ao contraer.
    2. Lévoa no peto.
    Tráiollelo. (?)
    Saberá ela o que lle importa.
    Teremos que ir velo.

  2. 1-1 As, che, mas.
    1-2 Si, mas.
    1-3 Me, as.
    1-4 Produciuse unha mudanza ao contraerse “me” “as” en mas.

    2-1 -Lévoa- no peto.
    2-2 -Tráiollo- (penso, pois non teño claro o tráiollo e o tráiollelo – tráiollelos).
    2-3 Saberá – ela- o que lle importa.
    2-4 Teremos que -o- ir ver.

    Agardo a súa corrección, aprezada mestra!

  3. Se me permitides, deixo o meu comentario aquí porque aínda non atopei un controsinal que lle guste ó blog.
    -Nena que vendes as peras,
    ¿cantas che mandaron dar?
    Para ti, meu queridiño,
    non mas mandaron contar.
    -¿Recoñeces nesta cantiga algún pronome?
    Os tres en vermello
    -¿Cres que hai algún pronome composto por outros dous? De ser así, ¿cales serían os pronomes orixinais? Sería o mas que é a unión de me máis as (Contraéronse formando unha nova palabra.)
    -Levo unha carteira no peto. Lévoa no peto.
    -Traio un recado para Marcos. Tráioo para Marcos ( Tráiollo)
    -Saberá Sandra o que lle importa. Saberá ela o que lle importa.
    -Teremos que ir ver ese filme. Teremos que ir velo.
    MOitas grazas, Alicia Lago Roca

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s