1. PROBLEMÁTICA XERAL DOS PRONOMES PERSOAIS. SOLUCIÓNS

1.-

 -Nena que vendes as peras,

¿cantas che mandaron dar?

 Para ti, meu queridiño,

 non mas mandaron contar.

 (Popular)

-¿Recoñeces nesta cantiga algún pronome?

-Tres: che, ti, mas.

-¿Cres que hai algún pronome composto por outros dous? De ser así, ¿cales serían os pronomes orixinais?

-Hai un composto de me+as

-¿Produciuse algún cambio neste proceso de unión ou quedaron como estaban?

-Si. Produciuse a perda dun  “e” no primeiro pronome.

2.-

Substitúe nestas oracións os nomes en negriña por un pronome:

-Levo unha carteira no peto.

-Traio un recado para Marcos.

-Saberá Sandra o que lle importa.

-Teremos que ir ver ese filme.

 

Lévoa no peto

-Tráiollo.

-Saberá ela o que lle importa

Teremos que ir velo (Valería tamén: Teremos que o ir ver/ Teremos que ilo ver)

Anuncios

5 pensamientos en “1. PROBLEMÁTICA XERAL DOS PRONOMES PERSOAIS. SOLUCIÓNS

  1. Helena, no segundo exemplo do exercicio 2, está en negriña ” un recado para Marcos”, nese caso a sustitución dos dous nomes, faise poñendo “tráiollelo”, non? Xusto é un dos casos onde teño máis dúbidas, por si pode ser “tráiollo” ou das dúas maneiras…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s