2. OS PRONOMES TÓNICOS. FORMAS E CONTRACCIÓN COAS PREPOSICIÓNS.

Pronomes atonos

PRONOMES TÓNICOS

Eu, min, comigo
Ti, contigo
El/ela/si, consigo
Nós, nosotros/as, connosco
Vós, vosoutros/as, convosco
Eles/elas/si, consigo

Chámanse tónicos porque na cadea falada reciben forza acentual –aínda que non se marque con signo ortográfico-.

-Pronuncia en voz alta esta oración fixándote en que sílabas son máis relevantes na pronuncia:

 ELES non veñen verNOS máis que cando TI OS traes

É probable que notases que son as que marco en negriña. E estou segura de que non viches relevancia en NOS nin en OS. Os pronomes que teñen certa forza son eles e ti, é dicir, os do grupo dos tónicos. (Fíxate que hai un nós tónico, pero leva acento)

Se segues o cadro que figura na imaxe encontraralos clasificados. As formas rectas son as que poden funcionar como suxeito.

A non ser eu, todos poden levar preposición. A preposición con lígase segundo pasaba no latín. As preposicións de e en, contráense con el/ela e os seus plurais: nel, dela…

Na primeira e segunda persoa de plural hai dúas formas: inclusiva e exclusiva. Xeralmente úsase nós e vós, que inclúen a varios suxeitos sen marcar oposición. As formas exclusivas indican un grupo fronte a outro. Por exemplo nun grupo numeroso todos somos nós, pero os que teñan algunha característica común (ser dun lugar, ter un oficio, ser da parentela…) serían nosotros/as fronte ao resto, vosoutros/as.

A non ser eu, todos poden levar preposición. A preposición con lígase como pasaba no latín. As preposicións de e en, contráense con el/ela e os seus plurais, perdendo o e: nel, dela…

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

 

No seguinte parágrafo, marca os pronomes tónicos que atopes:

“Ese primeiro gran medo da infancia eu téñoo unido a unhas magras de xamón.

Tería eu oito anos e fora facer un recado a Herbón cunha das rapazas que cosían no taller de meus pais.

Eu sabía que naquela casa había un tolo, pero dixéranme que non se deixaba ver.

A ama da casa recibiunos e, segundo a antiga hospitalidade, púxonos na mesa unhas magras de xamón con medio pan de centeo.

Despois da camiñata tiñamos fame. Ademais, o xamón era unha das miñas comidas preferidas e só tardei en intentar botar nel o tempo que me tiñan indicado que debe durar a cortesía de dicir que non se ten fame.

Xa vencida a tirapuxa cordial, ía estirar a man e o tolo apareceu por un recanto da cociña e dirixiuse a min fixando os ollos nos meus. A miña man quedou inmóbil no aire e os ollos apegados aos del, como se o seu desvario me sumise no efecto fractal e camiñasemos os dous cara a loucura infinita”.

 

Anuncios

6 pensamientos en “2. OS PRONOMES TÓNICOS. FORMAS E CONTRACCIÓN COAS PREPOSICIÓNS.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s