3. PRONOMES TÓNICOS. PARTICULARIDADES DE USO. A COMPARACIÓN

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A)

3.1 Os pronomes tónicos non presentan problemas na súa colocación respecto ao seu verbo.

 

3.2 O pronome el (que non leva acento gráfico porque non o precisa), ademais do representar a terceira persoa do singular, ten un uso estilístico moi de noso en frases interrogativas que comezan pola conxunción e dándolle á oración un matiz impersoal.

 

¿E el hai alguén aquí?

¿E el daranse conta do dano que nos están a facer?

 

3.3 A comparación, cando leva como segundo termo un pronome persoal, constrúese coas partículas ca e coma. O pronome da primeira persoa de singular que se utiliza nas comparacións é min.

 

Noela é máis alta ca min.

Xusto non corre tanto coma vós.

Todos xuntos non saben tanto coma ti.

É ourensán coma elas.

 

3.4 O pronome neutro elo perdeu o uso no galego, polo que debe substituírse polos demostrativos isto/ iso.

 

Por todo isto, cómpre que prestedes moita atención.

 

Teño unha orixe moi humilde, pero non me avergoño por iso.

 


B)

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

3.1 Escribe unha pregunta -utilizando o uso do pronome el que se presenta neste apartado- que puidera ter a resposta que se che ofrece, segundo o modelo:

 

Son as catro menos cuarto.  ¿E el que hora será?

Creo que non hai ninguén.

Pois parece que non chove.

Pois seica as pagan a dous euros.

 

3.2 Coloca estas palabras en cadansúa comparción (unha palabra para cada oración: min, ca, coma, máis

 

Ti non es máis alto ca ____.

Os dous xuntos teñen tanta forza ___ el.

A min quéreme ____ ca vós. ­

Téñenlle  menos apego___ min.

 

 

3.3. Traduce ao galego:

 

Por todo ello debo ordenar que dejen esta plaza libre.

 

Yo juro que no tengo nada que ver en todo ello.

 

Anuncios

8 pensamientos en “3. PRONOMES TÓNICOS. PARTICULARIDADES DE USO. A COMPARACIÓN

  1. Son dúas oracións diferentes:
    A min quérenme máis ca vós (os outros quéreneme máis do que me queredes vós)
    A min quérenme máis cá vós (Os outros a min quérenme máis do que vos queren a vós)

    ¿Comprendes ben a diferencia? Se non, seguimos explicando.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s