1. FONÉTICA: A PRONUNCIA DA CONXUNCIÓN COPULATIVA “E”. A ENTOACIÓN INTERROGATIVA.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 1.1

Imos ver as dúas pronuncias da conxunción e, que non sempre soa como se escribe.

Diante dunha vogal, pronúnciase coma o i semiconsoante da palabra praia: pra-ia.

Exemplos: Ela e eu (pronuncia: Ela ieu)

Ían a nai e a nena (pronuncia: Ían a nai ia nena)

NUNCA SE PRONUNCIA COMO A VOGAL I SOLTA. FÓRA DO CASO ANTERIOR, PRONÚNCIASE E, TAL COMO SE ESCRIBE.

 

Rosalía, que escribía o galego tal como lle soaba utiliza con moita frecuencia a conxunción e escrita coa letra i cando a oía pronunciada como semiconsoante unida á vogal seguinte. Observa este texto de Follas novas.

Este vaise i aquel vaise,  (iaquel)

e todos, todos se van.

Galicia, sin homes quedas

que te poidan traballar….

1.2

Onte falamos dunh construción galega interrogativa con matiz impersoal comezada por ¿E el…… Pois agora xa sabedes como tedes que pronunciar ese E.

Tede en conta que a entoación interrogativa galega non ten a musicalidade da castelá. Neste caso, comezando por unha sílaba tónica, caracterízase por unha elevación que se mantén en meseta nun ton máis algo que o da entoación enunciativa e un descenso final arredor da última sílaba tónica.

1.3. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Lede tratando de entoar en galego as seguintes preguntas:

¿E el como estará mañá o día? (¿Iel como estará mañá o día?)

¿E el acabaría este mal tempo ou quererá ternos así todo o ano? (¿Iel acabaría esta mal tempo ou quererá ternos así  todo o ano?)

RECOMENDO ESCOITAR DOS FALANTES AS INTERROGACIÓNS ESPONTÁNEAS, NON LIDAS. A APRENDIZAXE ESCOLAR DA ENTOACIÓN EN ESPAÑOL MARCOU A DA INTERROGATIVA GALEGA, UN CASTELANISMO FONÉTICO MOI ARRAIGADO.

Anuncios

6 pensamientos en “1. FONÉTICA: A PRONUNCIA DA CONXUNCIÓN COPULATIVA “E”. A ENTOACIÓN INTERROGATIVA.

    • É un dos riscos do galego que pode desaparecer, por iso é interesante recuperalo poñéndoo a andar. Está totalmente vivo na xente maior de Lugo oriental e central e en parte de Ourense, cando menos. Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, recólleno nos seus relatos.

  1. Grazas a ti por “perder” o teu tempo tratando de pór en valor a nosa lingua sen levar un can por elo.
    Por desgraza estamos moi faltos de ter boa competencia no idioma de noso, (polo menos no meu caso).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s