4. PRONOMES ÁTONOS. FORMAS E PRIMEIRA NORMA DE COLOCACIÓN

PRONOMES ÁTONOS

4.1 Hai outro grupo de pronomes persoais que recibe o nome de átonos (non teñen relevancia na pronuncia da oración na que van insertados)

É o grupo que presenta maiores problemas para a aprendizaxe: son moitos, contráense e a colocación con respecto ao verbo da súa oración ten unha regra con moitísimas execepcións. É un dos talóns de Aquiles da aprendizaxe da lingua, quizabes o máis difícil.

Como norma xeral, nunca comezan unha oración. Sempre levarán diante algunha palabra.

4.2 ACTIVIDADES PROPOSTAS

Vindo do monte Faro vin unha nena

que baixaba do monte de calcetar.

Vina, gustoume e pedinlle un bico,

pero ela non che mo quixo dar.

4.2.1

¿Hai algún pronome tónico nesta cántiga popular?

Subliña os pronomes átonos que aparecen e o verbo da súa oración.

¿Que lugar ocupan estes pronomes con relación ao seu verbo? ¿Van diante o detrás del?

¿Hai pronomes átonos contraídos?

4.2.2 Pasa a cantiga ao castelán sen te preocupares dunha tradución poética, senón literal.

Hai unha particularidade coa equivalencia dos pronomes nunha e noutra lingua. ¿Percibíchela?

 4.2.3 Imos, desde agora mesmo,tomar conciencia de que estes pronomes teñen un lugar de colocación obrigatorio. Así que declaramos a guerra a erros que dan vergallazos na cara da lingua:

 *O fago…

*O levo….

*Me dixo…

*Cho xuro…

 N.B.

Estes castelanismos, inspiradores do blogue, irán parar ao apartado TRASMALLO (aparello de pesca composto por tres panos superpostos de forma rectangular, os exteriores de malla larga e o interior de malla estreita, que forma coma unha parede de rede no mar, na que quedan presos os peixes)

De xeito anónimo, recollereinos e traereinos aquí para propormos as corrección despois de acabar o estudo dos pronomes.

Pero eu vou xa pescando na rede.

Anuncios

7 pensamientos en “4. PRONOMES ÁTONOS. FORMAS E PRIMEIRA NORMA DE COLOCACIÓN

  1. 1.
    – hai un pronome tónico: ela (na última línea)
    – os átonos son: viNA, gustouME, pedinLLE,
    CHE (quixo), MO (dar)
    – os átonos van detrás do verbo, menos na frase negativa
    – MO (me+o)
    2.
    Viniendo del monte Faro vi a una niña
    que bajaba del monte de calcetar.
    La vi, me gustó y le pedí un beso,
    pero ella no te me lo quiso dar
    – que particularidade? que normalmente os pronomes átonos van detrás do verbo?
    3.
    fágoo
    lévoo
    díxome
    xúrocho
    N.B. algo haberá para o trasmallo 😉

  2. 4.2.1/ – Si, ela.
    – Vina (ver), gustoume (gustar), pedinlle (pedir), che (quixo), mo (dar).
    – Van detrás do verbo e pegados a el, agás “che” e “mo” que van diante e separados por que van precedidos das palabras -non- e -pero-.
    – Si, -mo- (me o).
    4.2.2/ – Viniendo del monte Faro ví una niña
    que bajaba del monte de calcetar.
    La ví, me gustó y le pedí un beso,
    pero ella no me lo quiso dar.
    – En castelán os pronomes van todos diante do verbo e en galego soamente os que van precedidos polas palabras -non- e -pero-.
    4.2.3/ – Fágoo, lévoo, díxome, xúrocho,

    Por traballo case non teño tempo pola semana para facer os “deberes”, xa que logo, aproveito a fin de semana. É unha mágoa que se puxeran estas clases en marcha xusto cando menos tempo teño. Mais “grazas” á “crise” non hei tardar moito en volver ter tempo dabondo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s