4. CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vindo do monte Faro vin unha nena

que baixaba do monte de calcetar.

Vina, gustoume e pedinlle un bico,

pero ela non che mo quixo dar.

4.2.1¿Hai algún pronome tónico nesta cántiga popular?

 –Ela

-Subliña os pronomes átonos que aparecen e o verbo da súa oración.

-Vina, gustoume e pedinlle un bico,

pero ela non che mo quixo dar.

¿Que lugar ocupan estes pronomes con relación ao seu verbo?

¿Van diante o detrás del?

-Os tres primeiros diante. O(s) terceiro(s), detrás.

¿Hai pronomes átonos contraídos?

-Me e o (coa perda do e de me)

4.2.2 Pasa a cantiga ao castelán sen te preocupares dunha tradución poética, senón literal.

Hai unha particularidade coa equivalencia dos pronomes nunha e noutra lingua. ¿Percibíchela?

-Si. Desaparece o pronome che porque non ten tradución equivalente á súa función.

4.2.3 Imos, desde agora mesmo,tomar conciencia de que estes pronomes teñen un lugar de colocación obrigatorio. Así que declaramos a guerra a erros que dan vergallazos na cara da lingua:

-Fágoo

-Lévoo

-Díxome

-Xúrocho…

 

OBSERVACIÓN: a unión dun pronome ao verbo pode converter a palabra en esdrúxula e debe, xa que logo, levar acento gráfico na sílaba correspondente.

Advertisements

2 thoughts on “4. CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

  1. Levo esta semán con pouco tempo…por eso non fixen as actividades.
    Os tres exmplos que puxeches non son erros, non? Están ben colocados…(lévoo, díxome, xúrocho…)

  2. Están ben. Os que estaban mal eran os marcados na unidade con *, porque nunca poden empezar unha oración. Non te preocupes, que o material aquí quédache organizado para que leves o traballo ao teu ritmo. Por iso creei o blogue, para evitar a súa perda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s