5. PRONOMES ÁTONOS: USOS DE TE/CHE, LLE/LLES, O/A OS/AS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

5.1

 

C. D.                           C. I.

 Me                               Me
Te                                Che
O/a/se                        Lle
Nos                              Nos
Vos                              Vos
Os/as/se                    Lles

 

USOS DE TE E CHE

O galego desenvolveu moi maioritariamente dúas formas para o pronome átono da segunda persoa do singular: te e che.

Hai verbos que completan o seu significado cun nome ou pronome. Sempre se dá, compra, mira, cambia, come, contesta…. algo.
Se este algo é a segunda persoa, úsase TE
Mírote. Véxote. Lévote no coche. Chámote esta tarde?

Se convertedes a oración en pasiva, ese algo pasa a ser o suxeito paciente: Ti es mirado por min…

Estes verbos chámanse transitivos e ese algo, obxecto ou complemento directo.


Se este algo é outra cousa que pode ir en proveito, dano ou calquera outra relación con esa segunda persoa, úsase CHE, que é o pronome obxecto ou complemento indirecto.

Míroche as mans. Véxoche olleiras. Lévoche a compra no coche. ¿Chámoche a nena esta tarde para que xogue con Rita?

Nestes exemplos, o obxecto ou complemento directo non é a segunda persoa, senón as mans, as olleiras, a compra, a nena. Se convertedes a oración en pasiva, veredes que son esas cousas as que pasan a ser o suxeito paciente: As túas mans son miradas por min.

 

O equivalente a che na terceira persoa singular é lle e no plural lles (que non existe na falda dalgunhas zonas)

O equivalente a te na terceira persoa é o/a e nos plurais os/as

Préstoche unha chaqueta…. Préstolle unha chaqueta… Préstolles unha chaqueta

Saúdote…… Saúdoa/ Saúdoo….. Saúdoos/ Saúdoas

 

RECORDA

Che: o prestado non es ti, nin el, nin ela… é a chaqueta, por iso vai che/lle/lles.

Te: o saudado es ti, por iso vai te, o/a, os/as)

 

¡OLLO! Estase usando un castellanismo horroroso co pronome lle que hai que desbotar axiña antes de que enraice:

*Voteille -contexto eleccións-. O votado é el ou ela, polo tanto: Voteino ou voteina

*Pásolle -contexto de chamadas telefónicas en oficinas-. O pasado es ti/el/ela…, polo tanto: Pásoo ou pásoa/ Pásollo ou pásolla.

*Saúdalle –ao final de escritos oficiais.-. O saúdado e Vde., polo tanto Saúdao/a.

 

 

 

5.2  PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 1. Memorizar para aplicalo:

Os pronomes ME, TE, CHE, SE, O, A, LLE, LLES, OS, AS non comenzan NUNCA unha frase.

 

2.  

-A nena estudou a lección para a profa de música.

-Compro sempre os mellores produtos para a familia.

-Nicolás e Anxos len todos os días contos á irmá pequena.

-Segundo chegaron, pasou aos máis pequenos para o corredor.

-Puxo a Alberte e Maribel senllas chaquetas.

2.1.Indica os suxeitos das oracións anteriores.

2.2.Indica os seus complementos directo e indirecto.

2.3.Escribe os pronomes tónicos que substituír os suxeitos e os átonos que poden substituír os obxectos directo e indirecto.

2.4.  Converte dúas delas en pasivas.

2.5.  Comproba nelas se o obxecto directo pasa a ser suxeito paciente e o indirecto, non.

 

Anuncios

7 pensamientos en “5. PRONOMES ÁTONOS: USOS DE TE/CHE, LLE/LLES, O/A OS/AS

  1. 2.1 suxeitos: a nena; eu; Nicolás e Anxos; el ou ela (na principal); el ou ela.
    2.2 CD: a lección; os productos; os contos; os máis pequenos; as chaquetas.
    CI: a profe de música; a familia; a irmá; para o corredor??(paréceme que non o é, que non o ten esta oración por moito que o corredor “reciba a acción”; Alberte e Maribel.
    2.3 ELA estudouLLA; EU cómproLLOS sempre os mellores; ELES lenLLOS todos os días; segundo chegaron, EL pasounOS para o corredor; ELA púxoLLAS. (Ou neste último caso sería púxoLLELAS?)
    2.4 A lección foi estudada pola nena para a profe de música
    Os mellores productos son comprados por min para a familia.
    2.5 o CD si pasa a suxeito paciente e o CI, non.

  2. Eu teño una dúbida sobre o Che e Te que ata agora non me parara a pensar. Non sei se alguén inda se pasa por aquí pero eu deixo o tema.

    Por exemplo, ahí pon “Chámote” pero se eu lle pego a alguén, dígolle “pégoche”. “Peguéiche sen querer”, querendo decir que sen querer lle golpeei. Sen embargo se digo “Pégote” “peguéite sen querer” digo que sen querer usei pegamento e pegueino a algún lado… Cómo se explica isto?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s