1 GALEGO NO TRASMALLO: AXUDAR DESDE **CASA**

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Hoxe o trasmallo pescou un titular de La Voz de Galicia nada menos que nas  Páxinas Escolares: Axudar desde ***casa***

As palabras CASA (fogar) e CLASE (aula) levan o artigo a.

Xa que logo, o titular galego sería: AXUDAR DESDE A CASA.

É un castelanismo bastante estendido nos neofalantes.

RECORDAMOS:

Estou na casa.

Chámote desde a casa.

Comprei unhas zapatillas para andar pola casa.

Pasade pola casa/ Pasa pola casa.

Ás seis entramos na clase.

Non me afago sen a clase.

Non andedes correndo pola clase

A excepción sería: Entre clase e clase.

O colmo do castelanismo sería, como se di e se oe :***Pásate por casa.*** ESTE NON HAI POR ONDE COLLELO. MELLOR DITO, É CASTELÁN PURO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s