6. PRONOMES ÁTONOS: ME, NOS, VOS, SE

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 6.1

Hai algún pronomes átonos dos que non se distingue a súa función de obxecto directo ou indirecto pola forma.

Me

Nos

Vos

 

Xa que logo, non teñen problema co uso.  Poden  aparecer na frase dúas veces, unha duplicada coa forma oblicua dos átonos, é dicir, con preposición. E tamén co propio obxecto indirecto que segue a se manter na oración.

 

E nestas, danme a min unha rifa. (Me e a min son o mesmo dúas veces. Hai, polo tanto, un pleonasmo).

 

Me,  min

Te,  ti

Lle, a el/ela

Lles, a eles/elas.

 

Ollo con lles, que para moitos falantes é inusual. Fixádevos en que é o plural de lle e veremos máis adiante que utilidade ten distinguir isto.

 

Nos e vos teñen a mesma forma que os tónicos nós e vós, pero os tónicos levan acento diacrítico (para os poder disguintir) e na lingua oral teñen forza de seu na pronuncia.

 

Non nos trouxeron nada.
Non vos saudamos.

 

Vós sabedes ben de que vai isto.

Nós viñemos cedo.

 

Os dous primeiros son obxecto directo e indirecto, respectivamente, como te ou che.
Os dous segundos son os suxeitos plurais de eu e ti.

Nós queremos. (significa que somos capaces de sentir querencia ou desexo de algo)

Quérennos. (significa que alguén sente por nós esa querencia ou desexo de algo.

Recordade que os átonos non poden comenzar a oración. Non poderá ser, xa que logo: *Nos vemos máis tarde ou *Nos gustan os bombóns.

 

Se cumpre dúas función:

 

Reflexiva da terceira persoa:

 

Bañouse no río.

Cortouse co coitelo.

 

(Dedicaremos un apartado aos reflexivos en xeral, porque o necestan)

 

Impersoal (non se indica o suxeito)

 

Véndese viño.

Alúgase apartamento na praia.

 

 

 

6.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

  1. Veume visitar esta mañá.

 

Reescribe esta oración substuíndo o pronome me polos de todas todas as persoas gramaticais en singular e plural.

 

  1. Duplica os sintagmas subliñados co pronome  correspondente:

 

-Laura mirou as botas a Rosa con envexa.

-Xoán e Andrea levaron unhas cereixas a seus curmáns.

-Lino botou unhas flores de louvanza ao teu discurso.

-Ela acabou a conferencia dando as grazas a Leandro

 

  1. Converte estas oracións en impersoais utilizando o pronome se co menos número de palabras sen omitir información.

 

-Vedemos viño do país todo o ano

-Servimos empenadas a domicilio.

-Facemos año asado por encarga.

-Son unha moza que se ofrece para axudar en traballos domésticos.

-Non permitimos botar lixo aquí.

 

  1. Coloca acento nos pronomes que deben levalo.

 

Non nos chegou o libro que vos tiñamos encargado. Cando nolo remitades, avisarémosvos de que nos chegou. ¿Ou é que xa vos esquecestes de nos? A nos cústanos entender que vos poidades tardar tanto en nos servir un pedido que vos fixemos hai xa tanto tempo sendo vos tan bulideiros no traballo. ¿Lembrádesvos de cando foi o pedido? Nos temos como máxima que ninguén se burla de nos e vos estádesnos tardando moito tempo, é dici, estades tomándonos o pelo.

Anuncios

8 pensamientos en “6. PRONOMES ÁTONOS: ME, NOS, VOS, SE

  1. 1.VeuTE visitar esta mañán. VeuLLE visitar…veuNOS visitar…veuVOS visitar…veuLLES visitar…
    2. Laura miroulle as botas a Rosa con envexa. Xoan e Andrea leváronlle unhas cereixas a seus curmáns. Lino botoulle unhas flores de louvanza ao teu discurso. Ela acabou a conferencia dándolle as grazas a Leandro.
    3. Véndese viño do país.Sírvense empanadas a domicilio. Faise año asado. Ofrécese moza para traballos domésticos. Proíbese botar lixo.
    4….ou é que xa vos esquecestes de nós? A nós cústanos entender que vós poidades tardar tanto…sendo vós tan bulideiros no traballo…nós temos como máxima que ninguén se burla de nós e vós estádenos…
    (O texto que falta irían oración con pronomes átonos (nos/vos) sen acento).

    • En veume visitar o me é obxecto directo do verbo visitar (eu fun visitado por ela/el). Xa que logo, todos os pronomes teñen que ser da táboa dos directos.
      A corrección que fas de lles é moi pertinente.
      O resto, ben. Traballas ben, si. Parabéns. Repasa o primeiro de novo.

      • Certo. O que fai a “obcecación”. Estaba coa cousa de que era “a lección do día”…e tiñan que ser, xa que logo, algúns dos pronomes de máis arriba…claro. É veuNO visitar e veuNAS visitar..
        Grazas, profe, polos parabéns. A min faime tamén certa ilusión volver ser alumna.

  2. (xa o revisei e correxín segundo o que publicaches. Grazas, Helena)
    1. veume, veute, veuno -na, veunos, veuvos, veunos -nas
    (puxera mal a 3a do plural: veulles)
    2. Laura miroulle as botas a Rosa con envexa.
    Xoán e Andrea leváronlles unhas cereixas a seus curmáns.
    Lino botoulle unhas flores de louvanza ao teu discurso.
    Ela acabou a conferencia dándolle as grazas a Leandro.
    3. Véndese viño. Sérvese (trabuqueime e puxen un “i”). Faise año asado.
    Ofrécese moza. Prohíbese botar lixo.
    4. Os tiles púxenos ben:
    Non nos chegou o libro que vos tiñamos encargado. Cando nolo remitades, avisarémosvos de que nos chegou. ¿Ou é que xa vos esquecestes de nós? A nós cústanos entender que vós poidades tardar tanto en nos servir un pedido que vos fixemos hai xa tanto tempo sendo vós tan bulideiros no traballo. ¿Lembrádesvos de cando foi o pedido? Nós temos como máxima que ninguén se burla de nós e vós estádesnos tardando moito tempo, é dicir, estades tomándonos o pelo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s