4. CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vindo do monte Faro vin unha nena

que baixaba do monte de calcetar.

Vina, gustoume e pedinlle un bico,

pero ela non che mo quixo dar.

4.2.1¿Hai algún pronome tónico nesta cántiga popular?

 –Ela

-Subliña os pronomes átonos que aparecen e o verbo da súa oración.

-Vina, gustoume e pedinlle un bico,

pero ela non che mo quixo dar.

¿Que lugar ocupan estes pronomes con relación ao seu verbo?

¿Van diante o detrás del?

-Os tres primeiros diante. O(s) terceiro(s), detrás.

¿Hai pronomes átonos contraídos?

-Me e o (coa perda do e de me)

4.2.2 Pasa a cantiga ao castelán sen te preocupares dunha tradución poética, senón literal.

Hai unha particularidade coa equivalencia dos pronomes nunha e noutra lingua. ¿Percibíchela?

-Si. Desaparece o pronome che porque non ten tradución equivalente á súa función.

4.2.3 Imos, desde agora mesmo,tomar conciencia de que estes pronomes teñen un lugar de colocación obrigatorio. Así que declaramos a guerra a erros que dan vergallazos na cara da lingua:

-Fágoo

-Lévoo

-Díxome

-Xúrocho…

 

OBSERVACIÓN: a unión dun pronome ao verbo pode converter a palabra en esdrúxula e debe, xa que logo, levar acento gráfico na sílaba correspondente.

4. PRONOMES ÁTONOS. FORMAS E PRIMEIRA NORMA DE COLOCACIÓN

PRONOMES ÁTONOS

4.1 Hai outro grupo de pronomes persoais que recibe o nome de átonos (non teñen relevancia na pronuncia da oración na que van insertados)

É o grupo que presenta maiores problemas para a aprendizaxe: son moitos, contráense e a colocación con respecto ao verbo da súa oración ten unha regra con moitísimas execepcións. É un dos talóns de Aquiles da aprendizaxe da lingua, quizabes o máis difícil.

Como norma xeral, nunca comezan unha oración. Sempre levarán diante algunha palabra.

4.2 ACTIVIDADES PROPOSTAS

Vindo do monte Faro vin unha nena

que baixaba do monte de calcetar.

Vina, gustoume e pedinlle un bico,

pero ela non che mo quixo dar.

4.2.1

¿Hai algún pronome tónico nesta cántiga popular?

Subliña os pronomes átonos que aparecen e o verbo da súa oración.

¿Que lugar ocupan estes pronomes con relación ao seu verbo? ¿Van diante o detrás del?

¿Hai pronomes átonos contraídos?

4.2.2 Pasa a cantiga ao castelán sen te preocupares dunha tradución poética, senón literal.

Hai unha particularidade coa equivalencia dos pronomes nunha e noutra lingua. ¿Percibíchela?

 4.2.3 Imos, desde agora mesmo,tomar conciencia de que estes pronomes teñen un lugar de colocación obrigatorio. Así que declaramos a guerra a erros que dan vergallazos na cara da lingua:

 *O fago…

*O levo….

*Me dixo…

*Cho xuro…

 N.B.

Estes castelanismos, inspiradores do blogue, irán parar ao apartado TRASMALLO (aparello de pesca composto por tres panos superpostos de forma rectangular, os exteriores de malla larga e o interior de malla estreita, que forma coma unha parede de rede no mar, na que quedan presos os peixes)

De xeito anónimo, recollereinos e traereinos aquí para propormos as corrección despois de acabar o estudo dos pronomes.

Pero eu vou xa pescando na rede.

1. FONÉTICA: A PRONUNCIA DA CONXUNCIÓN COPULATIVA “E”. A ENTOACIÓN INTERROGATIVA.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 1.1

Imos ver as dúas pronuncias da conxunción e, que non sempre soa como se escribe.

Diante dunha vogal, pronúnciase coma o i semiconsoante da palabra praia: pra-ia.

Exemplos: Ela e eu (pronuncia: Ela ieu)

Ían a nai e a nena (pronuncia: Ían a nai ia nena)

NUNCA SE PRONUNCIA COMO A VOGAL I SOLTA. FÓRA DO CASO ANTERIOR, PRONÚNCIASE E, TAL COMO SE ESCRIBE.

 

Rosalía, que escribía o galego tal como lle soaba utiliza con moita frecuencia a conxunción e escrita coa letra i cando a oía pronunciada como semiconsoante unida á vogal seguinte. Observa este texto de Follas novas.

Este vaise i aquel vaise,  (iaquel)

e todos, todos se van.

Galicia, sin homes quedas

que te poidan traballar….

1.2

Onte falamos dunh construción galega interrogativa con matiz impersoal comezada por ¿E el…… Pois agora xa sabedes como tedes que pronunciar ese E.

Tede en conta que a entoación interrogativa galega non ten a musicalidade da castelá. Neste caso, comezando por unha sílaba tónica, caracterízase por unha elevación que se mantén en meseta nun ton máis algo que o da entoación enunciativa e un descenso final arredor da última sílaba tónica.

1.3. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Lede tratando de entoar en galego as seguintes preguntas:

¿E el como estará mañá o día? (¿Iel como estará mañá o día?)

¿E el acabaría este mal tempo ou quererá ternos así todo o ano? (¿Iel acabaría esta mal tempo ou quererá ternos así  todo o ano?)

RECOMENDO ESCOITAR DOS FALANTES AS INTERROGACIÓNS ESPONTÁNEAS, NON LIDAS. A APRENDIZAXE ESCOLAR DA ENTOACIÓN EN ESPAÑOL MARCOU A DA INTERROGATIVA GALEGA, UN CASTELANISMO FONÉTICO MOI ARRAIGADO.

3. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

3.1 Escribe unha pregunta -utilizando o uso do pronome el que se presenta neste apartado- que puidera ter a resposta que se che ofrece, segundo o modelo:

 

Son as catro menos cuarto.  ¿E el que hora será?

Creo que non hai ninguén.   ¿E el hai alguén?

Pois parece que non chove.  ¿E el parou de chover?

Pois seica as pagan a dous euros. ¿E el a como andarán as castañas?

 

A pregunta é moi libre… Valerá se a construción comeza así e lle dá pé á resposta.

 

 3.2 Coloca estas palabras en cadansúa comparción (unha palabra para cada oración: min, ca, coma, máis

 

Ti non es máis alto ca _min_.

Os dous xuntos teñen tanta forza _coma_ el.

A min quéreme _máis_ ca vós. ­

Téñenlle  menos apego_ca_ min.

 

 

3.3 Traduce ao galego:

 

Por todo ello debo ordenar que dejen esta plaza libre.

 

Yo juro que no tengo nada que ver en todo ello.


-Por todo isto debo ordenar que deixen esta praza libre.

 

-Eu xuro que non teño nada que ver en todo iso.

 

 

3. PRONOMES TÓNICOS. PARTICULARIDADES DE USO. A COMPARACIÓN

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A)

3.1 Os pronomes tónicos non presentan problemas na súa colocación respecto ao seu verbo.

 

3.2 O pronome el (que non leva acento gráfico porque non o precisa), ademais do representar a terceira persoa do singular, ten un uso estilístico moi de noso en frases interrogativas que comezan pola conxunción e dándolle á oración un matiz impersoal.

 

¿E el hai alguén aquí?

¿E el daranse conta do dano que nos están a facer?

 

3.3 A comparación, cando leva como segundo termo un pronome persoal, constrúese coas partículas ca e coma. O pronome da primeira persoa de singular que se utiliza nas comparacións é min.

 

Noela é máis alta ca min.

Xusto non corre tanto coma vós.

Todos xuntos non saben tanto coma ti.

É ourensán coma elas.

 

3.4 O pronome neutro elo perdeu o uso no galego, polo que debe substituírse polos demostrativos isto/ iso.

 

Por todo isto, cómpre que prestedes moita atención.

 

Teño unha orixe moi humilde, pero non me avergoño por iso.

 


B)

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

3.1 Escribe unha pregunta -utilizando o uso do pronome el que se presenta neste apartado- que puidera ter a resposta que se che ofrece, segundo o modelo:

 

Son as catro menos cuarto.  ¿E el que hora será?

Creo que non hai ninguén.

Pois parece que non chove.

Pois seica as pagan a dous euros.

 

3.2 Coloca estas palabras en cadansúa comparción (unha palabra para cada oración: min, ca, coma, máis

 

Ti non es máis alto ca ____.

Os dous xuntos teñen tanta forza ___ el.

A min quéreme ____ ca vós. ­

Téñenlle  menos apego___ min.

 

 

3.3. Traduce ao galego:

 

Por todo ello debo ordenar que dejen esta plaza libre.

 

Yo juro que no tengo nada que ver en todo ello.

 

1.- AXUDAS PARA CONSULTA. DICIONARIO E TRADUTOR.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

É probable que precisedes axuda para o vocabulario. Para que poidades coller a información de modo directo, déixovos:

-Diccionario da RAG

Non é exhaustivo, pero é unha boa ferramenta. Fixádevos no xénero dos nomes para concordalos con adxectivos e modificadores.

http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

-Tradutor automático da Xunta

Tampouco é exhaustivo, pero resolveramos bastantes problemas para pasar do castelán ao galego.

http://www.xunta.es/tradutor/text.do