2 FONÉTICA E ALGO DE MORFOLOXÍA (PARA PODER SEGUIR COS PRONOMES)

 

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

2.1.

Dábanse bíco-las pombas,

voaban as anduriñas,

xogaba o vento coas herbas

pobradas de margaridas,

i as lavandeiras cantaban

méntra-la fonte corría.

 

***

 

Dio-los bendiga…, el Señor

lles dé fertuna ás mancheas

***

¡Ánimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda!

(Rosalía de Castro, Follas novas)

                    

 Como vides de ver, o sonido/ letra s diante dos artigos/ou pronomes o/a/os/as convértese en l. Este fenómeno non sempre se reproduce na escrita. Nos exemplos de Rosalía, soando así nun bo galego, non se escribiría, segundo as nosas normas ortográficas, pero cómpre saber que tampouco no galego a pronuncia se corresponde coa escrita.

 

Repara agora neste diálogo no que se fala dunha cámara fotográfica.

 

-¿E el tela xa?

-Tela, tela non. Pero tereina. Vouna mercar esta tarde.

-¿Vala mercar estar tarde?

-Iso espero. Xa che escribo cando a traia.

-Vale. E como non nola prestes, non che volvo falar.

 

Daraste conta de que o mesmo pronome, que se refire a cámara, non ten unha soa forma. O fenómeno do cambio de forma dáse diante dos artigos/pronomes o/a/os/as. As letras/sonidos que se converten en l son o r e o s, que sempre proceden de verbos, pronomes ou preposicións.


 

2.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

2.2.1 Reescribe os versos de Rosalía reconstruíndo as letras que deberan figurar, sen fixarte de momento nos castelanismos.

 

2.2.2 Reescribe o diálogo substituíndo o pronome pola palabra cámara.

 

2.2.3 ¿Que letras tiveches que modificar? ¿Foron todas as modificacións substitucións ou houbo algún outro cambio?

 

2.2.3 ¿Cantas formas alomorfas (diferentes) atopaches do pronome a?

 

 

 

 

 

Advertisements

2 thoughts on “2 FONÉTICA E ALGO DE MORFOLOXÍA (PARA PODER SEGUIR COS PRONOMES)

  1. 2.2.1 dábanse BICOS AS pombas…
    …MENTRAS A fonte corría.
    DIOS OS bendiga…
    …DIOS O axuda.

    2.2.2 E el TES A cámara xa?
    TER A cámara…non. pero TEREI A cámara. Vou mercala cámara esta tarde.
    Vas mercala cámara esta tarde?
    …cando traia a cámara.
    …e como non nos prestela cámara…

    2.2.3 por orde: substituín o L polo S.
    o L polo R.
    suprimín o N.
    ao cambiar de lugar na frase (VOU MERCALA CAMARA no lugar de…VOUNA MERCAR), non foi exactamente substitución, ou non só.
    no seguinte, o mesmo caso: VAS MERCALA CAMARA no lugar de VALA MERCAR.
    Sigue igual (o A) só cambia de lugar (un é pronome o outro artigo)
    Cambia de lugar ao pasar de pronome a artigo, sen modificar a forma, nos dous casos cambia o S polo L, un provinte dun pronome e o outro dun verbo.

    2.2.4 tres formas; la, na, a

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s