2.2 CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

 

IMG_0305a

2.2.1 Reescribe os versos de Rosalía reconstruíndo as letras que deberan figurar, sen fixarte de momento nos castelanismos.

 

Dábanse bicos as pombas,

voaban as anduriñas,

xogaba o vento coas herbas

pobradas de margaridas,

i as lavandeiras cantaban

mentras afonte corría.

 

 

2.2.2 Reescribe o diálogo substituíndo o pronome pola palabra cámara.

 

-¿E el tes a cámara xa? (…te-la cámara)

-Ter a cámara, ter a cámara non. Pero terei a cámara. Vou mercar a cámara esta tarde. (Te-la cámara…)

-¿Vas  mercar a cámara estar tarde?  (Vas merca-la cámara…)

-Iso espero. Xa che escribo cando traia a cámara.

-Vale. E como non nos prestes a cámara, non che volvo falar. (…non nos preste-la cámara)

 

Fíxate en que, cando o pronome se converte en artigo, hai dúas maneiras de escribilo. En ambos casos, a pronuncia é igual que se levara o l: (telacámara será como se pronuncia en ambos casos)

 

2.2.3 ¿Que letras tiveches que modificar? ¿Foron todas as modificacións substitucións ou houbo algún outro cambio?

 

Cambiar o l por r ou s ou colocar un guión. Engadir un n cando ía diante un diptongo do verbo. Hai tamén cambios de colocación.

 

2.2.3 ¿Cantas formas alomorfas (diferentes) atopaches do pronome a?

 

a/la/na

 

 

 

 

 

 

Anuncios

3 pensamientos en “2.2 CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

  1. Grazas Helena. O que non me daba conta era do guión…aínda que non estaba convencida da forma sen guión cando fóra diante do artigo…agora xa fica claro…

  2. Escapóuseme o acento nese “fora” verbal que non lle pertence…jeje…ese foi erro “dixital”…non o teñas en conta, profe…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s