7. CONTRACCIÓN DE PRONOMES E USO DOS ALÓFONOS O/LO/NO

  Contracción de pronomes

7.1

Patricia comprou un xoguete para Pablo.

Cando hai un alguén (obxecto indirecto: Pablo) e un algo (obxecto directo: xoguete), se se expresan con pronomes (neste caso lle e o) contráense sufrindo algunha modificación (neste caso a perda da letra e.

Patricia comproullo.

Me, che, lle perden a letra e para resultaren: mo, ma, mos, mas, cho, cha, chos, chas.

Nos, vos, lles cambian o s por l, polo fenómeno que vimos na lección anterior. A aparición dese l anuncia que o obxecto indirecto é un plural.

 Esta é a diferencia entre llo (a un só) e llelo (a varios).

 

7.2

Os pronomes o/a/os/as poden aparecer unidos a unha forma verbal ou a un pronome con estoutras formas:

a)

Lo/la/los/las, cando seguen a:

1-Os pronomes lles, nos, vos (como vimos de ver)

2-Un infinitivo verbal.

Exemplos:

 

Vou dárllelo aos nenos.

Non nolo negues, que te vimos…

Gustaríame atopala.

 

b)

No/na/nos/nas: cando seguen a unha forma verbal que acaba en diptongo: ei/eu/ou/iu

 

Exemplos:

Merqueino na praza.

Saquei o can e canseino

¿Colleunas?

  

 

7.2 PROPOSTAS DE TRABALLO

 

Tede en conta que, se como resultado da unión cos pronomes a nova palabra se converte en esdrúxula, debedes acentuala.

 

7.2.1

Pon os pronomes que faltan nestas oracións:

-Fai que __ leven á casa porque pesa moito para o transportar.

-Abonda con que __ pidas, porque iso é moi doado para nós.

-Anda con coidado que __ vas luxar e téñoos en moita estima.

-Quero que __ leves a teu pai. Ten moita gana de telo.

-Deixou__ Francisco porque sabe que o andabamos buscando.

-Dei__ aos teus netos, que xa sabes que os quero como se fosen meus (os disfraces).

Déixa__ onde lle indiquedes (as laranxas).

 

7.2.2.

Segue o exemplo substituíndo con pronomes:

 

Dar as notas aos alumnos … Dárllelas

Atar as patas ao galo…

Comprar un agasallo aos sobriños…

Mirar as leitugas da veciña…

Dicir a verdade aos amigos…

Levar o correo aos do teceiro…

Traer as flores á avoa…

Escoitar o que di miña tía…

Escoller o melloriño para as collegas

  

7.2.3

 

Substitúe os nomes sinalados polo pronome que debas usar:

.¿Que fai? Subir o cristal do coche.

.A probei o exame de Física á primeira.

.Probou o refresco e non lle gustou nada.

.¿Queredes esta libreta?

.Sáese moi ben mercando o peixe na praza.

.¿Queres deixar as maletas?

 

Anuncios

6 pensamientos en “7. CONTRACCIÓN DE PRONOMES E USO DOS ALÓFONOS O/LO/NO

  1. 7.2.1-Fai que CHO leven a casa…
    Abonda con que NOLO pidas…
    Anda con coidado que Mos vas luxar…
    Quero que LLO leves a teu pai…
    DeixóNOLO Franciso porque sabe…
    DeiLLELOS aos teus netos…
    DéixaVOLAS onde lle indiquedes.
    7.2.2-Atarllas
    Comprárllelo
    Mirarllas
    Dicírllela
    Levárllelo
    Traerllas
    Escoitarllo
    Escollérllelo
    7.2.3-…subiLO
    AprobeiNO…
    ProbouNO…
    QuerédeLA?
    …mercándoO na praza
    Queres deixaLAS? ou quéreLAS deixar? (Estaría ben das dúas maneiras?)
    Grazas. Penso que xa “pillei” a forma que me tiña confundida…(llela…) xa me dirás si acertei…
    Saúdos, profe.

    • Que aplicadiña. Do xeito que fomos facendo é doado que che quede xa claro para sempre o llelo/llelos, por iso dei tanta volta. Imos sen présas e sen pausas.
      Co infinitivo si poden ser as dúas respostas que tes.
      Repasa esta: DeixóNOLO Franciso porque sabe…

      Unha aperta.

      • Me imaxino, que te refires a o de que falta a “u” (o de repaso)…dáballe voltas e non me daba conta. Seguiame parecendo que estaba ben…non quería mirar as túas correccións xeráis…si é iso…foi un erro (imos dicir) de descoido…
        O de aplicadiña…ten que ver que levo 2 semáns de baixa por unha inflamación no cóvado (o que lle chaman “codo de tenista”) e estou máis descansada e con máis tempo. Vaia, que podo adicarme ao que me prace…
        Vou mirar a túa corrección, de todos os xeitos (ou de tódolos xeitos, ou todo-los xeitos…?) Penso que é artigo ese OS eitos, non? logo, serían o primeiro caso e máis o terceiro…non?

  2. Eu case non movo o brazo dereito. Pero bótolle humor para non berrar todo o día. Todos os xeitos/ tódolos xeitos. De calquera XEITO, a pronunica é igual nas dúas -a que figura escrita na segunda- por toda esa conversión en “l” que vimos de estudar cos pronomes, que é a mesma para os artigos.
    O erro era o despiste, claro. Pero non tiña o texto diante e había outra posibilidade, segundo o que eu tivese escrito. Parabéns!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s