7.2 CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Tede en conta que, se como resultado da unión cos pronomes a nova palabra se converte en esdrúxula, debedes acentuala.

 

7.2.1

 

Pon os pronomes que faltan nestas oracións:

 

-Fai que cho leven á casa porque pesa moito para o transportar.

-Abonda con que nolo pidas, porque iso é moi doado para nós.

-Anda con coidado que mos vas luxar e téñoos en moita estima.

-Quero que llo leves a teu pai. Ten moita gana de telo.

-Deixóunolo Francisco porque sabe que o andabamos buscando.

-Déillelos aos teus netos, que xa sabes que os quero como se fosen meus (os disfraces).

-Déixavolas onde lle indiquedes (as laranxas).

 

7.2.2.

 

Segue o exemplo substituíndo con pronomes:

 

Dar as notas aos alumnos … Dárllelas.

Atar as patas ao galo…Atarllas.

Comprar un agasallo aos sobriños…Comprárllelo.

Mirar as leitugas da veciña… Mirarllas.

Dicir a verdade aos amigos… Dicírllela.

Levar o correo aos do teceiro… Levárllelo.

Traer as flores á avoa… Traerllas.

Escoitar o que di miña tía… Escoitarllo.

Escoller o melloriño para as colegas… Escollérllelo.

 

 

7.2.3

 

Substitúe os nomes sinalados polo pronome que debas usar:

 

.¿Que fai? Subir o cristal do cocheSubilo.

.A probei o exame de Física á primeira. Aprobeino.

.Probou o refresco e non lle gustou nada. Probouno e non lle gustou nada.

.¿Queredes esta libreta? ¿Querédela?

.Sáese moi ben mercando o peixe na praza. Sáese moi ben mercándoo na praza.

.¿Queres deixar as maletas? ¿Queres deixalas?/ ¿Quérelas deixar?

 

Anuncios

Un pensamiento en “7.2 CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

  1. Si…xa acabo de mirar a túa corrección dese /déixounolo”, era o que pensaba, com acabo de dicircho no comentario que che deixei na outra entrada…un erro de “comerme esa U”…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s