8. PRONOMES REFLEXIVOS. OUTROS USOS DE “SE”

     OLYMPUS DIGITAL CAMERA    

1)       Oracións reflexivas son aquelas nas que acción do verbo volve ao suxeito: mirarse, vestirse, lavarse…

 

-Nas oracións reflexivas úsanse como pronomes receptores da acción só os átonos obxecto directo: me, te, se/ nos/ vos/ se.

 “Vístese“, pero “viste a chaqueta”. “Lávase”, pero “lava as mans”.

 Miremos, pois, como traducir estas frases do castelán nas que o pronome reflexivo non é obxecto directo:

¿Te lavaste las manos? = ¿Lavaches as mans?

Me lo como todo = Cómoo todo.

Los políticos se ponen las botas = Os políticos poñen as botas.

 

2)      Hai verbos que non levan pronome reflexivo: casar, cansar, afogar (só o levaríaa en acción suicida), sentar (apousar as nádegas)…

Eu casei hai doce anos.

Andaron toda a tarde sen cansaren.

Sentou no escano trala cociña.

Seica afogou no río ao caer da ponte.

 

3)      Noutros casos, cando o pronome “se” castelán é obxecto indirecto, o pronome galego é “lle”/ “lles”:

 

Se lo dijo = Díxollo.

-Cuando se lo comunicaron, se echaron a llorar = Cando llelo comunicaron, botaron a chorar (vede que o segundo “se”  desta oración non se traduce)

 

4)      Ten tamén uso impersoal:

Véndese viño.

Alúgase piso no verán.

Impártense aulas de galego.

Búscase cociñeiro para hotel.

 

 

 

8. 2. PROPOSTA DE ACTIVIDADE

 

 

8.2.1.

Pon o pronome reflexivo que corresponda, só onde deba ir, é dicir, onde sexa obxecto directo.

 

-Xulián foi__ lavar ao pilón.

-Tarnas torceu___ unha perna.

-Cansei___ subindo da praia

-Afogou___ nun remuíño do río porque o arrastrou a enchenta.

-Peiteaba___ as ristras do pelo.

-Come___ todo iso axiña.

-¿Mancaches___ na perna ou no pé?

-Mercou un pano para soar__ os mocos.

 

8.2.2.

 

Traduce estas oracións do castelán ao galego:

 

-Pásate por casa.

-No se lo prestes, que no te lo devuelve.

-Se lava las manos antes de comer, como se lo recomendaron.

-Ahora xa no me como las uñas.

-Se pasa la tarde tumbado al sol.

-No se está quieta ni mientras se peina.

-No se los llevaron hasta hace cuatro días.

 

8.2.3.

 

Constrúe con se impersoal unha oración equivalente, seguindo o modelo:

 

-Nesta parroquia producen moito albariño e véndeno. = Véndese viño.

-Ten leña de carballo de sobra.=

-Sóbralles un cuarto e precisan algún diñeiro. =

-Non saben que facer este ano coas leitugas que lles sobran. =

-Neste restaurante poden transportar comida aos que non queiran cociñar. =

Anuncios

11 pensamientos en “8. PRONOMES REFLEXIVOS. OUTROS USOS DE “SE”

  1. 8.2.1
    Penso que non leva o reflexivo nengunha das oracións. Unicamente a primeira a de ir lavar ao pilón no caso de ir lavarse il mesmo, non a roupa.
    8.2.2
    Pasa por casa.
    Non llo prestes, que non cho devolve.
    Lava as mans antes de comer, como llo recomendaron.
    Agora xa non como as unllas.
    Pasa a tarde tumbado ao sol.
    Non está queda nen mentras se peina.
    Non llos levaron ata hai catro días.
    8.2.3
    Véndese leña de carballo.
    Alúgase un cuarto.
    Regálanse leitugas…
    Lévase comida preparada a domicilio.

  2. Bo día, Helena. Na primeira oración, a do pilón, de ser reflexiva, sería “foiSE lavar ao pilón”, “foi SE lavar ao pilón”, “foi lavarSE ao pilón”? Ou vale calquera delas? A terceira, non me cadra nada ao dicila…

      • O de peitear, non lle atopo nada. Mirei as túas correccións xeráis, e vín que a de mancar é a que leva (xunto coa do pilón) o reflexivo. Era outra das dúbidas que tiña. Porque por unha banda, a perna e o pe, tal como estaba redactada semellaba circunctancial, pero pola outra, parecíame que podían ser obx directo (mancaches a perna ou o pé?)…outra vez, fixareime máis na maneira concreta na que están redactadas…
        Saudiños…

  3. O obxecto directo sería “Mancaches a perna”. Na perna non pode ser directo. Desculpa, pero creo que tiñas peinar. Non podo comprobalo agora. Eu tamén podo ter despistes por iso, se non entendes algo, pregunta que, se cadra, quen errou fun eu. Así imos desfacendo erros.

  4. terei que estudar un pouco máis! 😀

    -Xulián foise lavar ao pilón.
    -Tarnas torceu unha perna.
    -Cansei subindo da praia
    -Afogou nun remuíño do río porque o arrastrou a enchenta.
    -Peiteaba as ristras do pelo.
    -Come todo iso axiña.
    -¿Mancácheste na perna ou no pé?
    -Mercou un pano para soar os mocos.

    Pasa pola casa.
    Non llo prestes, que non cho VOLVE.
    Lava as mans antes de comer como LLE recomendaron
    Agora xa non como as uñas.
    Pasa a tarde tumbado ao sol.
    Non está queda nin mentres se peitea.
    Non lleloS levaron ata hai catro días.

    Véndese viño.
    Véndese leña de carballo
    Alúgase un cuarto
    Véndense leitugas
    -Sérvese comida a domicilio

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s