9.1. PRONOMES DE SOLIDARIEDADE

 

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

1)

A anécdota

O curso 1988-89 compartín aulas cunha profesora de castelán, salmantina de orixe. O alumnado mesturaba a aprendizaxe que facía coas dúas e respondía nos exames como lle cadraba. Un día veu onda min alporizada:

-Los alumnos inventaron que los pronombres son solidarios. Tuve que explicarles que solidarias son las personas, no los pronomes. ¿Pero de dónde sacarán eso? Nunca me había pasado. ¿Y a ti?

E tiven que explicarle eu que si, que nós temos pronomes solidarios, que en contextos de diálogo adoitamos implicar aos interlocutores no tema de que tratamos. E que tamén estaba presente no castelán que se fala en Galicia, que se fixase ben nun pronome raro que ía escoitar moitas veces.

Aos poucos días, díxome que xa o escoitara  e que era moi chocante metido no castelán.

 

2)  Definición, formas e uso.

 O pronome de solidariedade é unha forma do pronome átono de segunda persoa –singular e plural- que se emprega para facer participar afectivamente ao interlocutor (ou interlocutores) no que estamos a dicir.

As formas son as mesmas do O I:

che, lle (singular)

vos, lles (plural)

A información que expresamos non se ve alterada pola súa presenza, pero é un risco propio do noso idioma. Distinguímolo porque, se se suprime, non se altera o sentido da oración.

  • Eu márcholle que levo présa
  • ¡Estache boa a comida!
  • Évos unha boa cousa

No tratamento de cortesía, úsase para a segunda persoa a forma da terceira, como pasa con todos os pronomes.

Cando nos diriximos a varios interlocutores e temos, polo tanto, que usar a forma de plural do pronome de solidariedade, pode aparecer tamén unha forma redundante singular:

  • Estáchevos boa a comida, Maruxa!
  • Échevos unha boa cousa.

Dáse sempre nun diálogo e é propio da oralidade. Pode pasar á escrita cando queremos reproducir este rexistro.

 

9.2. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

3.1. ¿Tes ti conciencia de utilizar este  pronome ou sequera de telo oído? Se a resposta é negativa, procura fixarte de agora en adiante e descubriralo axiña.

 

3.2. Trata de recoñecer os pronomes de solidariedada que aparecen aquí:

.Isto non che me gusta nada.

.O río quédachenos ben lonxe.

.O libro quédache aquí.

.Aquilo de que o barato de balde é caro resúltachevos ben certo.

.Se entra ou sae de noite, non che me vai nin che me ven.

.Ten coidado con poñer as comas, que as comas son o demo.

.Síntoo,pero estouvos unha miguiña sarcástico hoxe esta tarde.

 

3.3. Trata de engadilo nesta conversa sempre que poidas facelo:

-¿Vai vir o electrista esta tarde?

-Eu diso non sei nada nin me importa. Es ti quen leva o mantemento da instalación.

-¿Pero non quedamos en que o ías avisar?

-¿Eu? Non me acordo de nada. Son cousas túas.

-Es ben inútil, hom.

-Coidadiño que eu non ando con chiquitas. Así que non me insultes.

Anuncios

6 pensamientos en “9.1. PRONOMES DE SOLIDARIEDADE

  1. de momento, diría:
    3.1. ¿Tes ti conciencia de utilizar este pronome ou sequera de telo oído? SI

    3.2. Trata de recoñecer os pronomes de solidariedada que aparecen aquí:
    .Isto non CHE me gusta nada.
    .O río quédaCHEnos ben lonxe.
    .O libro quédaCHE aquí.
    .Aquilo de que o barato de balde é caro resúltaCHEvos ben certo.
    .Se entra ou sae de noite, non CHE me vai nin CHE me ven.
    .Ten coidado con poñer as comas, que as comas sonCHE o demo.
    .Síntoo,pero estouVOS unha miguiña sarcástico hoxe.

    3.3. Trata de engadilo nesta conversa sempre que poidas facelo:
    -VaiNOS vir o electrista esta tarde?
    -Eu diso non CHE sei nada nin me importa. Es ti quen leva o mantemento da instalación.
    -Pero non quedamos en que o ías avisar?
    -Eu? Non CHE me acordo de nada. Son cousas túas.
    -Es ben inútil, hom.
    -Coidadiño que eu non CHE ando con chiquitas. Así que non me insultes.

  2. 3.1
    Téñoche (jaja) utilizado e escoitado este pronome moitas veces…polo menos, sen o tratamento de cortesía.
    3.2
    Recoñecer os pronomes de solidariedade:
    “Isto non CHE me gusta nada”
    “O río quédaCHEnos ben lonxe”
    (“o libro quédache aquí”, entendo que é pronome persoal O I- )
    “Aquilo de que o barato de balde é caro, resúltaCHEVOS ben certo”.
    “Se entra ou sae de noite, non CHE me vai nen CHE me ven”.
    “”Ten coidado con poñer as comas, que as comas sonCHE (supoño) o demo”
    “Síntoo, pero estouVOS unha miguiña sarcástico hoxe.”
    3.2.2
    “- Vai vir o electricista esta tarde?
    – Eu diso non CHE sei nada, nen CHE me importa. Es ti quen leva o mantemento da instalación.
    – Pero non CHE quedamos en que o ías avisar?
    -Eu? Non CHE me acordo de nada. SonCHE cousas túas.
    -Es ben inútil, hom.
    -Coidadiño que eu non CHE ando con chiquitas. Así que non me insultes”.

  3. 3.1/
    -Si, ás veces emprégoo.
    3.2/
    -Isto non CHE me gusta nada.
    -O río quédaCHENOS ben lonxe.
    -O libro quédaCHE aquí.
    -Aquilo de que o barato de balde é caro resúltaCHEVOS ben certo. -Se entra ou sae de noite, non CHE me vai nin CHE me vén.
    -Ten coidado con pór as vírgulas, que as vírgulas son o demo. (Non ten, podería ser: sonche o demo).
    -Síntoo, mais estouVOS unha miguiña sarcástico esta tarde.

    3.3/
    – VaiCHE (LLE, VOS, LLES, CHEVOS, CHELLES) vir o electricista esta tarde?
    – Eu diso non CHE sei nada nin CHE me importa. Es ti quen leva o mantemento da instalación.
    – Mais non quedamos en que o ías avisar? (Non vexo onde metelo). – Eu? Non CHE me acordo de nada. SonCHE cousas túas.
    – Es ben inútil, home. (Coido que non pode levar).
    – Coidadiño que eu non CHE ando con parvadas. Así que non me insultes.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s