10. COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS CON RESPECTO AO VERBO. REGRA E PRIMEIRAS EXCEPCIÓNS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

10.1

Vistos os pronomes persoais, as súas clases, o papel que cada clase desempeña na súa oración, as súas contraccións e os pronomes moi de noso, tentaremos saber en que  lugar da frase os temos que colocar con relación a verbo.

A regra xeral é que vaian detrás, unidos a el, tanto que poden transformalo en palabra esdrúxula e ter que levar acento (dixéronllo). Cando vai nesta colocación, dicimos que é pronome enclítico. Evidentemente, se é regra hase cumprir moitísimas veces. Pero tamén se vai incumprir polas excepcións abondosas que ten.

 Imos ver esta cantiga popular: 

 

-Nena que vendes as peras,
¿cantas che mandaron dar?
-Para ti, meu queridiño,
non mas mandaron contar.

 

¿Ten pronomes persoais?

¿Cantos considerando as contraccións como pronomes independentes?

¿Hai algún tónico? ¿Leva preposición?

Se hai átonos, ¿son todos da mesma clase, é dicir, cumpren o mesmo papel con relación ao verbo (obxecto directo ou indirecto)?

¿Van detrás do seu verbo como di a regra?

 Efectivamente ten catro pronomes persoais: che, ti, me, as. Un é tónico (ti) e tres átonos. O tónico leva a preposición para.  Dos átonos, che e me son obxectos indirectos. As é obxecto directo. “Mas” é unha contración entre dous dos anteriores: me + as.

Contra a regra xeral, estes pronomes átonos van antes do verbo e chámaselles proclíticos.

Temos aquí, xa que logo, dúas excepcións:

 

1.- As oracións interrogativas, cando se inician cunha partícula que serve para preguntar (Cantas, cal, onde, que, cando, como… que poden levar preposición diante: Para que, desde cando?…), tanto se a interrogación é directa como se é indirecta.

 

2.- As oracións que levan algunha palabra con sentido negativo: non, nunca, ningún, ninguén, tampouco, nada…

 

Empeza a fixarte na colocación dos pronomes, na regra e nestas -tamén noutras, aínda que non as teñamos formulado- excepcións.

 

 

10. 2.  PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

10.2.1. Converte estas oracións en negativas.

 

Gústame o lavar da túa roupa, Maruxa.

Leváronme onte a un bar de tapeo.

Agasalláronme cunha minicadea musical polos Reis.

Déronlles as vacacións hai uns días.

 

10.2.2. Continúa completando os cambios das seguintes oracións segundo o modelo:

 

Non te quero diante. Quérote diante

Non llelo levei. ____________________

Ninguén o chamou. ___________________

Nada me importa. ____________________

Nunca me saúda. _____________________

Non che vai quedar así. _____________

 

10.2.3.

 

Neves chámache amigo. ¿Quen che chama amigo?

Saudoute.______________________________

Promeméteuche un can.__________________

Custouche 20€._________________________

Leváronte a Ourense.___________________

Enfadácheste.__________________________

Isto déixame fría. ____________________

 

 

10.2.4. Corrixe estas oracións recollidas na rede.

 

Aos políticos os critica todo o mundo.

A esta coma aos outros lle convén continuar.

Lle vou contar a verdade, señoría.

O fago así desde hai moito tempo.

Mo levo porque me gusta. (Ollo, que ten dous erros)

 

 

 

Anuncios

5 pensamientos en “10. COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS CON RESPECTO AO VERBO. REGRA E PRIMEIRAS EXCEPCIÓNS

  1. profe, penso que na frase “Cando vai nesta colocación, dicimos que é pronome proclítico” debería dicir “enclítico”…
    teño que traballar moi ben esta entrada do curso (e, espero, as que sigan sobre o mesmo tema). escribindo aínda sobrevivo con dignidade pero falando… antepóñoo moitísimas veces mal e decátome do erro sempre despois de botar a lingua a pacer.
    noraboa polo curso!

  2. 10.2.1
    Non me gusta o lavar da túa roupa, Maruxa.
    Onte non me levaron a un bar de tapeo.
    Non me agasallaron cunha minicadea musical polos Reis.
    Non lles deron as vacacións hai uns días
    10.2.2
    Non llelo levei-Levéillelo.
    Ninguén o chamou-Chamouno/chamárono
    Nada me importa-Impórtame todo
    Nunca me saúda-Saúdame sempre.
    Non che vai quedar así-Vaiche quedar así
    10.2.3
    Saúdote-Desde cando te saúdo?
    Prometeuche un can-Cando che prometeu un can?
    Custouche 20€-Canto che custou?
    Leváronte a Ourense-Para que te levaron a Ourense?
    Enfadácheste- Por que te enfadaches?
    Isto déixame fría- Que é o que me deixa tan fría?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s