11. ORIENTACIÓNS DE APRENDIZAXE

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O uso correcto dos pronomes –conxuntamente coa fonética que se expresa na escrita e a que non se corresponde con ela- É a parte máis difícil da aprendizaxe da lingua. Ata hai pouco, os falantes non contaminados polos malos usos eran un modelo ideal de aprendizaxe. Porque as regras son posteriores aos usos e son os filólogos quen estudan como se fala e deducen as regras.

Os falantes non teñen por que saber as regras de colocación do pronome, por iso poden acabar fiándose de quen o fai mal. Este é hoxe un caso bastante xeralizado. Dos medios de comunicación, e mesmo da escola, volven erros para a casa que nunca se cometerían.

Este contido pronominal deu orixe ao curso que estamos divulgando. Pero os exercicios son insuficientes. Por iso me permito recomendarvos os seguintes reforzos.

 

11.1 -Unha vez xerada cada serie que eu propoño, deberiades aumentala seguindo o modelo e repetir as realizacións de cada apartado dos exercicios. Podedes simultanear esta repetición co traballo rotinario, nos desprazamentos ou no lecer. Trátase de automatizar a aprendizaxe do nivel oral, onde a produción é automática e non susceptible de corrección como na escrita.

 

11.2 -De coñecer algún falante non contaminado, podedes fixarvos na colocación dos pronomes que vai coincidir co que vemos neste curso, pois non hai dialectalismos que introduzan variacións.

 

11.3-A lectura dos nosos clásicos ofrece tamén bastante fiabilidade.

 

11.4-En canto á escrita actual, nos libros e nos xornais adoita estar supervisada por correctores, pero non é infrecuente atopar erros que debedes detectar cando concluamos esta parte do curso.

 

Só se tomades este traballo co interese de quen aprende unha lingua estranxeira da que deberá renderlle conta a alguén, o voso e o meu esforzo verase compensado con medras.   

 

 

 

 

 

Advertisements

3 thoughts on “11. ORIENTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s