12. A ORACIÓN GRAMATICAL

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vainos ser de rendemento pararnos na oración gramatical antes de continuar coa colocación dos pronomes, pois imos necesitar ter ben clariños uns conceptos relacionados con elas. Así que facemos unha interpolación na súa aprendizaxe.

 Chamamos oración gramatical a un conxunto de palabras con sentido propio e independente. Na oralidade acaban con entoación descendente á que segue unha pausa. Na escrita, comezan por letra maiúscula e levan un punto final.

 As oracións organízanse arredor de dous núcleos: o do suxeito e o do predicado. O predicado é unha parte fundamental da que non podemos prescindir. O suxeito pode ser sobreentendido e mesmo hai oracións impersoais que non o teñen. Tanto o suxeito como o predicado poden estar acompañados de complementos, incluso formados por outras oracións. Á esta oracións que comprenden outras que non son totalmente independentes chamámoslles compostas. As que só teñen un predicado e un suxeito, simples.

Exemplos de oracións (o suxeito está en azul e o predicado en rubio):

El Correo Gallego publícase en Santiago. Oración simple.

 El Correo Gallego, que se edita na Capital de Galicia, publícase en Santiago, porque foi fundado nesta cidade hai máis de cen anos. Oración composta.

El Correo Gallego, que se edita na Capital de Galicia pero que ten unha distribución por case todo o país, publícase en Santiago e forma parte dunha empresa que conta tamén con emisora de radio e cunha televisión local na que colaboran habitualmente moitas persoas. Oración composta.

 

Espero que teñades visto en que consiste unha oración composta. Arredor dun suxeito e dun predicado vanse engadindo outras oracións que completan o seu significado.

 Como podedes comprobar, non existe en ningunha delas máis que unha mayúscula inicial e un punto final. Se as pronunciades, veredes tamén que só teñen unha pausa descendente ao finalizar todo o discurso.

 Imos agora dividir a terceira, que é a máis complexa, nas súas oracións constitutivas.

El Correo Gallego publícase en Santiago. (Coincide coa oración simple. Carece da información que lle engaden as que a acompañan.)Neste caso chamariámolle oración principal.

 que se edita na Capital de Galicia/ pero que ten unha distribución por case todo o país (Completa o significado do núcleo do suxeito e aínda pode dividirse noutras dúas, oracións, como sinala a barra)

 e forma parte dunha empresa/ que conta tamén con emisora de radio e unha televisión local/ na que colaboran habitualmente moitas persoas. (Completa ao predicado e aínda pode divirse en tres como indican as barras)

 

Entender este mecanismo das oracións vainos axudar a:

 

-Aprender a ortografía do texto sabendo onde acaban as oracións para poñer punto.

-Aprender a colocar os pronomes nun dos apartados máis complicados das excepcións.

 

 

 

12. PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

 

12.1

 

Indica se son simples ou compostas as seguintes oracións.

 

-Cando se xubile Botín non lle imos pagar as súas medicinas.

 

-O Congreso deu onte o visto e prace definitivo á lei de seguridade privada que amplía as competencias dos vixiantes e os habilita para novas función.

 

-O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, anunciou onte sancións adicionais a unha vintena de altos funcionarios.

 

12.2

Separa, como se dunha oración simple se tratase e tal como está na parte explicativa, o suxeito e o predicado das seguintes oracións compostas. Ten en conta que o suxeito non ter por que estar ao comezo e o predicado ao final.

Con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebra este sábado en todo o mundo, o Concello de Ordes ofrece a posibilidade de contemplar unha exposición sobre o patrimonio marítimo que hai na comunidade galega.

 

-F.R.A. fixo uso do seu último turno de palabra para pedir perdón á famila da súa exmuller e aos fillos de ambos.

 

 

Anuncios

5 pensamientos en “12. A ORACIÓN GRAMATICAL

  1. 12.1/
    – Cando se xubile Botín non lle imos pagar as súas medicinas. (Simple)
    – O Congreso deu onte o visto e prace definitivo á lei de seguridade privada que amplía as competencias dos vixiantes e os habilita para novas función.
    (Simple)
    – O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, anunciou onte sancións adicionais a unha vintena de altos funcionarios.
    (Composta)
    12.3/
    – Con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebra este sábado en todo o mundo,(Predicado) / o Concello de Ordes ofrece a posibilidade de contemplar unha exposición sobre o patrimonio marítimo que hai na comunidade galega. (Suxeito)
    – F.R.A. fixo uso da súa última quenda de palabra (Suxeito) / para pedir perdón á famila da súa exmuller e aos fillos de ambos. (Predicado)
    Coido que é así, mais este tema me vai custar moito de o aprender.

  2. Repasa o 12.1
    Tes ben a primeira.

    Que che sirva de axuda buscar verbos independentes, é dicir, que non forman perífrase (ter que ir, empezar a chover…). Como se di na teoría, o importante é o predicado que sempre ten un verbo. Repasa de novo e verás como xa ves outra cousa.

    Repasa a 12.2

    Explicareino máis polo miúdo cando faga a corrección xeral, pois sei que non é doado. Grazas por mo facer ver. Ánimo, que o aprenderás. Nisto son moi teimuda.

  3. 12.i
    Entendo que a primeira e a segunda son compostas e a terceira simple.
    12.2
    -O Concello de Ordes, con motivo do día Internacional da Auga que se celebra en todo o mundo (suxeito)
    ofrece a posibilidade…(ata o final) sería o predicado
    – FRA, para pedir perdón á familia da súa exmuller e aos fillos de ambos (suxeito)
    fixo uso do seu último turno de palabra (predicado)…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s