12. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Antes de corrixir, anticipo que vou levar máis engorde o tema das oracións, compaxinando o seu estudo co uso e colocación dos pronomes. Así consolidamos mellor as aprendizaxes, pois é un tema complexo e debo abordalo con calma.

 

 12.1

 

-Cando se xubile Botín non lle imos pagar as súas medicinas. COMPOSTA. Ten dous núcleos verbais, dous predicados

 

-O Congreso deu onte o visto e prace definitivo á lei de seguridade privada que amplía as competencias dos vixiantes e os habilita para novas función. COMPOSTA. Ten tres núcleos verbais, tres predicados.

 

-O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, anunciou onte sancións adicionais a unha vintena de altos funcionarios. SIMPLE. Ten un só núcleo verbal, un predicado.

 

12.2

Separa, como se dunha oración simple se tratase e tal como está na parte explicativa, o suxeito e o predicado das seguintes oracións compostas. Ten en conta que o suxeito non ter por que estar ao comezo e o predicado ao final.

Con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebra este sábado en todo o mundo, o Concello de Ordes ofrece a posibilidade de contemplar unha exposición sobre o patrimonio marítimo que hai na comunidade galega.

 

F.R.A. fixo uso do seu último turno de palabra para pedir perdón á famila da súa exmuller e aos fillos de ambos.

Suxeito

Predicado

Anuncios

3 pensamientos en “12. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES.

  1. Buf! Primeira parte ben, segunda mal!!
    A de FRA, estiven dubidando moito de poñela como ti a corrixiches…coa do Concello de Ordes…tamén estiven dando bastantes voltas…
    De todos os xeitos, aínda vexo que os elementos que lle puxen acompañando aos dous suxeitos, poden parecer que completan a información tanto do “concello” como de FRA…eu sempre fun un pouco insistente como alumna…jeje…ao mellor é o meu método para fixar mellor as cousas…síntoo.
    Saudiños e grazas, unha vez máis.
    Saúdos…

    • Eu agradezo moito que quen aprende queira aprender ben e non me asustan as “rebeldías”. É a única maneira de aprender: Miremos:

      -Con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebra este sábado en todo o mundo, o Concello de Ordes ofrece a posibilidade de contemplar unha exposición sobre o patrimonio marítimo que hai na comunidade galega.

      Imos organizar a redacción, que sería esta: ” O Concello de Ordes ofrece a posibilidade de contemplar unha exposición sobre o patrimonio marítimo que hai na comunidade galega, con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebra este sábado en todo o mundo”. .

      O motivo é un complemento circunstancial de causa do verbo organizar.

      Se aínda non o ves claro, seguimos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s