13. A ORACIÓN SIMPLE. COLOCACIÓN E USO DE PRONOMES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

13.1.

Recordemos que lle chamamos oración gramatical a un conxunto de palabras con sentido propio e independente. Na oralidade acaban con entoación descendente á que segue unha pausa. Na escrita, comezan por letra maiúscula e levan un punto final.

As oracións poden ser moi sinxelas, como “Chove” e moi complexas ata constituír un bo parágrafo, pero sempre xirarán arredor de dous núcleos: o suxeito, que pode estar omitido ou faltar, e o predicado que é imprescindible.

Para abordar o repaso ímolas clasificar en simples e compostas.

As oracións simples están constituídas por suxeito (se non é impersoal) e predicado. Cada un destes compoñentes é un núcleo que pode ir acompañado de complementos.

Chove. (Oración sen suxeito ou impersoal)
Trae!. (Oración con suxeito omitido: ti)
Clodio dorme.
Neves é alta.

Se acompañan o núcleo do suxeito, os complementos son os propios dun nome: determinantes, adxectivos, outro nome explicativo entre comas, ou un nome unido pola preposición de e excepcionalmente outras (con, sen).

O can, o meu mellor amigo,
Un can de Pedro
O can cazador
Aquel can de orellas caídas
O can pequerrecho

O núcleo do predicado pode ser un verbo, que indica accións do suxeito. Neste caso falamos de oracións predicativas.
Os complementos deste verbo son adverbios ou nomes que actúan como complemento directo, indirecto ou circunstancial. Poden levar preposición e ser pronomes.

Come alimentos preparados (C. D.)
nun prato patelo (C.C)
no corredor (C.C.)

Pero o núcleo do predicado pode ser tamén un nome ou adxectivo acompañado do verbo ser (nalgúns casos estar e algún outro asimilado, como parecer), que é un nexo ou cópula entre o núcleo do suxeito e o do predicado. Ese núcleo chámase atributo e indicará cualidades do suxeito. Falamos de oracións atributivas ou copulativas e os complementos deste atributo son os dun nome.

A casa é

alta
un refuxio
de pedra
branca co tellado de lousa
o meu lugar preferido…

Tanto os complementos do suxeito como os do predicado poden ser tamén oracións. O resultado é a oración composta, cuxo estudo quedará para máis adiante.
13.1. Proposta de actividades
13.1.1

Indica cales destas oracións son simples e cales son compostas. Para iso, fíxate na cantidade de verbos que aparecen.

-O número de prazas é de 25 e a inscripción farase na propia biblioteca.

-O conflicto laboral de Natutecnia continúa pola falta de acordo sobre a fixación de servizos mínimos para a folga indefinida.

-A primeira proba tivo lugar o día oito coa celebración dun percorrido costeiro de doce millas.

-En Rianxo, o Concello decidiu solicitar un plan viario de accesibilidade.

-Os romanos construíron un templo nos outeiros do val do río Avon e tempos despois popularizouse este lugar.
13.1.2

Indica se son predicativas ou atributivas as seguintes oracións simples:

-O novo recinto contará cun parque infantil.

-Os europeos somos máis sensatos coa megalomanía.

-A programación inclúe ponencias de expertos no emprendemento.

-Esa mañá a nena estaba enferma.
13.1.3

Indica tamén os núcleos do suxeito e do predicado nas mesmas oracións.
13.1.4

Transforma as seguintes oracións copulativas seguindo o modelo de substitución pronominal:

O matrimonio é bo./ Non o é./ Serao logo.
A rapaza é tranquila.
Nós somos puntuais.
Vós estades cansos.
Elas parecen idóneas.

 

Anuncios

5 pensamientos en “13. A ORACIÓN SIMPLE. COLOCACIÓN E USO DE PRONOMES

  1. 13.1.1
    A primeira, COMPOSTA
    A segunda, SIMPLE
    Terceira, SIMPLE
    Cuarta, SIMPLE e
    A quinta, COMPOSTA.

    13.1.2
    “O novo recinto contará cun parque infantil”, predicativa. Núcleo do suxeito, O NOVO RECINTO. Núcleo do predicado, CONTARÁ CUN PARQUE INFANTIL
    “Os europeos somos máis sensatos coa megalomanía”, atributiva. Suxeito: OS EUROPEOS. Predicado: SOMOS MÁIS SENSATOS COA MEGALOMANÍA.
    “A programación inclúe ponencias de expertos no emprendemento”, predicativa. Suxeito, A PROGRAMACION. Predicado, INCLÚE PONENCIAS DE EXPERTOS NO EMPRENDEMENTO.
    “Esa mañá a nena estaba enferma”, atributiva. Suxeito, A NENA. predicado, ESA MAÑÁ ESTABA ENFERMA.

    13.1.4
    A rapaza é tranquila/non o é/serao logo
    Nós somos puntuáis/non o somos/serémolo logo.
    Vós estades cansos/non o estades/estarédelo logo.
    Elas parecen idóneas/non o parecen/parecerano logo.

    • Bo día Helena. Primeiro comentarche que estes días estou un pouco ocupada, seguramente ata despois do martes. Xa me reincorporei ao traballo e ademáis teño outros traballiños extras. Polo tanto, seguramente non poderei “estudar a lección” que xa nos puxeches, nen facer os exercicios. Xa sei que fican aí para cando podamos, pero prefería comentarcho.
      Efectivamente, ao repasar xa vin o meu erro. Me imaxino, que xa foi fruto das presas, porque podería, naturalmente errar, pero poñer os núcleos cos seu complementos, penso que fun eu, pero coas miñas presas.
      os núcleos serían:
      Na primeira, o núcleo do suxeito, O RECINTO. O do predicado, CONTARA.
      Na segunda, o do suxeito, OS EUROPEOS. O do predicado, SOMOS
      Na terceira, o do suxeito, A PROGRAMACION, o do predicado, INCLÚE.
      Na cuarta, o do suxeito, A MAÑÁ, o do predicado, ESTABA.
      Bicos.

      • Prezada Luz: Dálles unha ollada, aínda que non fagas os exercicios.
        O núcleo, en sentido estrito é o nome, pero está moi ben porque vexo que xa os recoñeces.
        Non o deixes. Le e, se tes dúbidas, pregunta.
        Un bico grande e graciñas polo teu seguimento que me acompañou moito e me deu moitas pistas para programar.

      • Tentarei facelo, Helena.
        Gústame moito o que me dis e que che sirva o meu seguimento, de verdade. Pero é que eu comprométome conmigo mesma e cos demáis co que me gusta e/ou me interesa e penso que é algo co que podo. E unha vez que o fago, non o deixo…a non ser por algo grave. Pero alégrame o que me dis.
        Bicos

  2. 13.1.1 A cuarta é composta porque ten dous verbos con significado independente. Non é unha perífrase. A oración iniciada polo infinitivo solicitar é o obxecto directo do verbo dicidir. Está programada xa esta explicación.

    13.1.3. Os núcleos son un nome no suxeito e un verbo ou atributo nos predicaos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s