14.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

Foto0012

 

14.2.1 Divide estas oracións en suxeito e predicado:

SUXEITO: O Camiño Francés
PREDICADO na súa entrada na capital galega, debería ser un espazo máis protexido.

SUXEITO: Non ten. É unha oración impersoal construída co verbo haber, moi frecuentes. Por iso non concorda HOUBO con VARIAS DECLARACIÓNS, o primeiro en singular e o segundo en plural.

PREDICADO. En Raxoi houbo varias declaracións de representantes políticos.
SUXEITO: Máis dun centenar de axentes da Policía Nacional
PREDICADO: Concentráronse onte na Coruña.
SUXEITO: A oferta de prazas e taxas. (É como un suxeito paciente, pois o pronome aquí fai funcionar o verbo como en voz pasiva)
PREDICADO: Aprobouse tamén.
14.2.2.

¿Cales dos seguintes núcleos verbais son perífrases?

Non admitiu que se puxese en dúbida a súa palabra.

Esta mañá empezou a chover a rolos.

Temos que coidar máis o medio ambiente.

Esta mañá volveu soar a campá de forma estraña.

Se queres, ímonos divertir ao San Froilán no próximo outubro. (Nesta oración o verbo ir ten significado: desprazarse.)
14.2.3.

Transforma estas oracións segundo o modelo:

Teño que facelo/ Téñoo que facer/ Non o teño que facer/ Teño que o facer.
Debeu de levalas pero non estou segura/ Debeunas de levar…/ Non as debeu de levar…Non deben de levalas
Está empezando a mentirche/ Estache empezando a mentir/ Non che está empezando a mentir./ Está empezando a che mentir.
Houbo que buscarvos/ Hóubovos que buscar./ Non vos houbo que buscar./ Houbo que vos buscar.

 

 

 

 

Anuncios

3 pensamientos en “14.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

  1. 14.2.1
    O primeiro erro foi semellante a outro que xa tivera nos exercicios anteriores. Tomei”na súa entrada na capital galega” como complementos do suxeito, cando sería un complemento C de lugar. Terei que fixarme máis.
    Na última, Helena, “a oferta de plazas e taxas”, paréceme O.D. o suxeito sígueme parecendo impersoal, semellante a “véndese viño”…
    14.2.2
    No de recoñecer as perífrases, xa vin o meu erro na última oración, na cal ten sentido o verbo ir…
    14.2.3
    No de transformacións, na frase de “debeu de levalas…entendo que estaría ben “non debeu de levalas” que eu non puxen, e non estaría ben “debeu de as levar”
    Na de mentir, estaría mal “está empezándoche a mentir”?
    Saudiños…

  2. 14.2.1 A que cres impersoal, non está mal interpretada. É algo complicado e deime conta desde que a puxera. É unha pasiva construída con se que pode funcionar como impersoal.
    14.2.3 A posibilidade de colocación do pronome mesoclítico -no medio dunha perífrase- dá ata tres posibilidades de colocación. De forma que todas as que propós están ben.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s