22.1.3 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

SANYO DIGITAL CAMERA
22.1.3.1

-Segue colocando nesta frase o infinitivo, coas desinencias que pode levar, indicando entre paréntese o suxeito co pronome tónico correspondente. Vai xa resolta a primeira persoa.

.De non estar dacordo, non asinamos. (Eu)
.De non estares dacordo, non asimanos. (Ti)
.De non estar dacordo, non asinamos. (El/ela)
.De non estarmos dacordo, non asimanos. (Nós)
.De non estardes dacordo, non asimanos. (Vós)
.De non estaren dacordo, non asinamos. (Eles/elas)

 
22.1.3.2

Aporta información útil para saber a que suxeito nos referimos.

 
22.1.3.3

 

-Mira se están ben conxugados estes infinitivos. Indica por que e corríxeos no seu caso.

.Está ben rectificar e pedir desculpas, pero está moito mellor ser profesional e contrastar as imformacións que se dan. (Seren está mal, pois non temos ningún suxeito posible en plural. Por outro, en dúas oracións coordinadas copulativas, irían os dous infinitivos conxugados, non un só.)

.Despois de pasaren un día de tanto traballo, vou para a cama que estou moi canso. (Mal. Da oración despréndese que a cansada é a primeira persoa de singular, polo que non podería levar desinencia)

.Cómpre comprendermos a situación da lingua para axudarmos a amañala. (Ben)

.Con estaren calados bastante facedes, que sodes moi latriqueiros. (Mal. Da oración despréndese que a persoa que debe estar calada é a latriqueira, que é a segunda de plural)

 

 

 

22.1 O INFINITIVO CONXUGADO. FORMAS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

22.1.1
O noso infinitivo ten unha particularidade que axuda a recoñecer cal é o suxeito da súa oración: desinencias para algunhas das persoas gramaticais.
Vexamos o verbo deixar:

Deixar (eu)
Deixares (ti)
Deixar (el/ela)
Deixarmos (nós)
Deixardes (vós)
Deixaren (eles/as)

Así pois, as desinencias son:

Eu –
Ti –es
El/a –
Nós –mos
Vós –des
Eles/as –en

O infinitivo conxugado non é estrictamente necesario, pero si é unha das características da nosa lingua que non debe desaparecer.
Non saber utilizalo conduce, non obstante, a unha percepción equívoca ou absurda da oración, polo que debe empregarse con propiedade ou renunciar a el.

As aprendizaxes son dúas:

1ª) As formas, ás que imos dedicar esta unidade
2ª) Os usos, xa que a súa utilización está admitida ou non segundo a sintaxe da frase.

 

 

22.1.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

22.1.2.1

-Segue colocando nesta frase o infinitivo, coas desinencias que pode levar, indicando entre paréntese o suxeito co pronome tónico correspondente. Vai xa resolta a primeira persoa.

.De non estar dacordo, non asinamos. (Eu)
.
.
.
.
.

 

22.1.2.2

¿Cres que uso deste infinitivo aporta información útil para a cabal comprensión da mensaxe? Xustifica a resposta.
22.1.2.3

-Mira se están ben conxugados estes infinitivos. Indica por que e corríxeos no seu caso.

.Está ben rectificar e pedir desculpas, pero está moito mellor seren profesional e contrastar as imformacións que se dan.

.Despois de pasaren un día de tanto traballo, vou para a cama que estou moi canso.

.Cómpre comprendermos a situación da lingua para axudarmos a amañala.

.Con estaren calados bastante facedes, que sodes moi latriqueiros.

 

21.3 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

21.2.1
Transforma segundo o modelo:
-Faríaslle algo./ Algo lle Farías.
-Contestaríache alguén./Alguén che contestaría.
-Castigárono ambas./ Ambas o castigaron.
-Pois dixéronche bastante./ Pois bastante che dixeron.
-Iso lévao calquera./ Iso calquera o leva.
-Dáme o mesmo./ O mesmo me dá.
-Cómprase todo./ Todo se compra.
-Compincháronse todos. Todos se compincharon.

 
21.2.2
¿Cres que hai algún matiz no cambio ou significan exactamente o mesmo as oracións en función da colocación do seu pronome?

Non son exactamente sinónimas. Na segunda versión hai énfase, é dici, quen pronuncia ou escribe esa oración quere facer algún fincapé a maiores.

Por exemplo: Iso lévao calquera. Iso calquera o leva.
A segunda versión pode incluso querer dicir que non hai quen o leve.

 
21.2.3
Traduce ao galego:

“Cónstanos que estas cifras oficiais quedan, en moitos casos, moi afastadas da realidade, porque neses núcleos urbanos viven e se moven, a causa (por mor de) dos seus traballos ou estudos, moitas máis persoas das que se rexistraron (teñen rexistrado) nos seus censos”.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

21.1 ORACIÓNS GRAMATICAL. PALABRAS QUE ARRASTRAN CANDA ELAS OS PRONOMES ÁTONOS DIANTE DO VERBO.

21.1.1.
Os seguintes indefinidos antes do verbo obrigan á súa proclise, é dicir, o pronome tamén irá colocado antes do seu verbo:

Algo, alguén, ambos/as, bastante, calquera, mesmo, todo/a e todos/as.

 
21.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Transforma segundo o modelo:
-Faríaslle algo./ Algo lle Farías.
-Contestaríache alguén.
-Castigárono ambas.
-Pois dixéronche bastante.
-Iso lévao calquera.
-Dáme o mesmo.
-Cómprase todo.
-Compincháronse todos.

 
21.2.1
¿Cres que hai algún matiz no cambio ou significan exactamente o mesmo as oracións en función da colocación do seu pronome?

 

21.2.2
Traduce ao galego:
“Nos consta que estas cifras oficiales se quedan, en muchos casos, muy alejadas de la realidad, porque en esos núcleos urbanos viven y se mueven, a causa de sus trabajos o estudios, muchas más personas de las que se han registrado en sus censos”.

 

IMG_2235
20. 2 CASTELANISMOS SINTÁCTICOS. OS PRONOMES. USO E COLOCACIÓN. PRÁCTICA. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

Teño unha amiga que me espera para merendar.

Suponse que xa van protexidas

Vai ser cousa dos da parroquia do lado que se fixeron fortes.

Eu dicíao pola saia que me prestaches.

É que non se decatou (de) que os da zona do Norte somos pobres.

O que lle pasou a esta cubana falando galego na Renfe ourensá…

Son novas rúas que se van abrindo na cidade.

A colada lévoa posta e o ben que me senta.

O outro día emocionoume que unha persona, despois de 60 no estranxeiro, falándolle en galego, me respondese en galego tamén.

Fixérono a unha velocidade de relustro.

Así llo trato de facer comprender ao meu colega.

Sacáchesmo da boca.

Nós tolerámola e comprendémola.

Aínda haberá galegos que voten aos que botan a nosa mocidade á deportación e exilio. Maldígoos.

Cando a inxustiza chama á túa porta non pregunta a quen votaches.

Cando chego á porta do baño dun bar, xa vou preparada para atopar de todo.

Creo que pronto che envío fotos da miña excursión

Eu sempre lle digo o mesmo.

Se vai por onde andedes non a perdades.

20. 1 CASTELANISMOS SINTÁCTICOS. OS PRONOMES. USO E COLOCACIÓN. PRÁCTICA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Aquí tes unha relación de oracións mal construídas, verbo dos pronomes: ou non son os debidos, ou non están escritos con acento por ser tónicos, ou están descolocados. Son sacados da rede e deron orixe a este blogue.

 

É A PRIMEIRA ENTREGA DO TRASMALLO QUE OS PESCOU. TERÁS OCASIÓN DE PRACTICAR TODO O APRENDIDO. ESCRÍBEAS EN GALEGO COMO DEBEN ESTAR.

 

Teño unha amiga que esperame para merendar.

Se supon que xa van protexidas

Vai ser cousa dos da parroquia do lado que fixéronse fortes

Eu o dicía pola saia que prestáchesme.

É que non decatouse de que os da zona do Norte somos pobres.

O que pasoulle a esta cubana falando galego na Renfe ourensá.

Son novas rúas que vanse abrindo na cidade.

A colada ma levo posta e o ben que me senta.

O outro día emocionoume que unha persona despois de 60 no estranxeiro, falándolle en galego, respondéseme en galego tamén.

O fixeron a unha velocidade de relustro.

Así llelo trato de facer comprender ao meu colega.

Mo sacaches da boca.

Nos a toleramos e a comprendemos.

Aínda haberá galegos que voten aos que botan a nosa mocidade á deportación e exilio. Os maldigo.

Cando a inxustiza chama á túa porta non pregunta a quen lle votaches.

Cando chego á porta do baño dun bar, xa vou preparada para atoparme de todo.

Creo que pronto envíoche fotos da miña excursión

Eu sempre dígolle o mesmo.

Se vai por onde andedes non vola perdades.

 

19.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
19.2.1
Voute ver hoxe á túa casa, que ben me acordo onde vives.

19.2.2
A quen me agasalle cun ovo de Páscoa considerareino meu padriño aínda que non me sexa nada.

19.2.3
Cando o vimos entrar naquela tenda que nos atendera tan mal, chamámolo para que non entrase.

19.2.4 nos/lle/o
Preguntáronme que hora sería cando lle vimos sacar o saco e metelo no maleteiro.

19.2.5
Nin me saudou nin o saudei porque xa hai moito que non nos falamos.

19.2.6 se/os
A todos aqueles que ven pasar fame e non se lles aguza o sentido da xustiza, maldígoos.

19.2.6 mo/me/cho
Non mo traias agora, cando me ves máis apurada, que non cho quero.

19.2.7 lles/os
Véñenlles facendo o conto con mentiras e eles bótanos igual.

19.2.8
Gustaríame saber se me estás tomando o pelo, xa que me tes dado ben motivos.

19.1 ORACIÓNS COMPOSTAS E O USO DOS PRONOMES ÁTONOS NELAS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

19.1.1 ORACIÓNS SUBORDINADAS

Todas as oracións subordinadas –substantivas, adverbiais e adxectivas- levan o pronome átono diante do seu verbo. Esta foi a razón pola que percorremos os recoveques da sintaxe da oración composta.
Esta é unha excepción moi importante, xa que na comunicación hai moitísimas oracións subordinadas, e a máis difícil de aprender. Se tedes dúbidas, podedes repasar as pequenas unidades que se lles dedican pois só entendendo o seu papel dentro do discurso, poderedes descrubrir unha oración subordinada.

Hai moitas conxuncións subordinantes e moitas destas oracións levan un verbo en infinitivo, xerundio ou paricipio que non precisa nexo subordinante. Deséxovos moita sorte neste empeño de colocar be o pronome e estarei sempre ao voso dispór para calquera consulta.

 

19.1.2 ORACIÓNS COORDINADAS

As oracións coordinadas copulativas levan o pronome átono detrás do verbo. As que se constrúen con nin, Lévano detrás de polo seu sentido negativo.
Aínda así hai que ter en conta que dúas oracións poden ser coordinadas copulativas entre elas pero estar subordinadas a outra. Neste caso, para a colocación pronominal prima a subordinación.
Recordemos tamén que as oracións con pronomes, demostrativos, adverbios ou conxuncións negativos (non, nunca, ninguén, ningún, xamais, nin..) levan diante o pronome átono.
Tamén levan detrás o pronome átono as coordinadas adversativas.

 
19.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Coloca no seu sitio os pronomes que se indican na mesma orde de colocación que van citados. Rescriben ben a oracións coas maiúsculas e os acentos que lles correspondan:

19.2.1 te/me
vou ver hoxe á túa casa, que ben acordo onde vives.

19.2.2 me/lle/o/me
A quen agasa cun ovo de Páscoa considerarei meu padrino aínda que non sexa nada.
19.2.3 o/nos/o
Cando vimos entrar naquela tenda que atendera tan mal, chamamo para que non entrase.

19.2.4 nos/lle/o
preguntaron que hora sería cando vimos sacar o saco e meter no maleteiro.

19.2.5 me/o/nos
Nin saudou nin saudei porque xa hai moito que non falamos.

19.2.6 se/os
A todos aqueles que ven pasar fame e non lles aguza o sentido da xustiza, maldigo .

19.2.6 mo/me/cho
Non traias agora, cando ves máis apurada, que non quero .

19.2.7 lles/os
veñen facendo o conto con mentiras e eles botan igual.

19.2.8 me/me/
gustaría saber se estás tomando o pelo, xa que tes dado ben motivos.

18.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
18.2.1
Distingue nestas oracións cales son simples e compostas. Nestas últimas, cales son subordinadas e cales son coordinadas:

 
SIMPLES:
a) A campaña electoral en Afganistán marcou un fito na relevancia social da muller nese país.
b) E aí xorde a pregunta. NUNHA ANÁLISE SINTÁCTICA MOI MINUCIOSA DIRIAMOS QUE É UNHA ORACIÓN COORDINADA CO PARÁGRAFO ANTERIOR, POR COMEZAR CON ESE E. RECORDADE QUE NUNCA HAI UNHA SOA COORDINADA, PORQUE NINGUNHA É PRINCIPAL.

 
COMPOSTAS:
a) Xa traballes, xa estudes, terás tempo suficiente para te divertires algo.
Oración principal: terás tempo suficiente.
Oracións coordinadas distributivas: Xa traballes, xa estudes.
Oración subordinada adverbial final: para te divertires algo.
b) Sería desexable que a xente se enterase e se interese.
Oración principal: Sería desexable
Oración subordinada sustantiva de atributo: que a xente se enterase e se interese.
Oracións coordinadas copulativas dentro da subordinada: a xente se enterase e se interese.
c) Os cines éncheos xente de entre 20 e 40 anos e é doado encontrar personaxes para esas idades.
Parágrafo formado por dúas oracións coordinadas copulativas:
-Os cines éncheos xente de entre 20 e 40 anos
-e é doado encontrar personaxes para esas idades.
Esta coordinada contén unha sobordinada substantiva de atributo: encontrar personaxes para esas idades.
d) Cumpriu 48 anos, pero continúa en posesión dun enorme sex appeal.
Oracións coordinadas adversativas
-Cumpriu 48 anos
-pero continúa en posesión dun enorme sex appeal.

 

18.2.2
Completa estas transformacións seguindo o modelo:
Vinos./ Dígoche que os vin./ Porque os vin./ ¿Víchelos?
Lévote./ Dígoche que te levo./ Porque te levo./ ¿Lévasme?
Compréillelo./ Dígoche que llelo comprei. Porque llelo comprei./ ¿Compráchesllelo?
Pregúntocho./ Dígoche que cho pregunto. Porque cho pregunto. ¿Pregúntasmo?
 

18.1 ORACIÓNS COORDINADAS. PRONOMES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

18.1.1
Viñemos repasando a oración composta formada por subordinación. Na oración composta que viñamos vendo, algún dos seus elementos eran substituídos por outra oración de menor rango en tanto que quedaba sobordinada á principal formando parte dela e sen significado pleno por si mesmo.

Tamén vimos que as oracións subordinadas substituían:
a) Nomes en calquera das súas función (suxeito, atributo, e complemetos directo e indirecto).
b) Adverbios (complementos circunstanciais).
c) Adxectivos ou complemento dos nomes (adxectivas ou de relativo).

18.1.2
Pero as oracións compostas tamén poden formarse con oracións simples que teñen todas o mesmo valor e sentido independentes. Son as oracións compostas por coordinación.

Xerome chegou ás cinco e ás sete xa andaba de xoldra.

Temos dous predicados verbais, xa que logo temos dúas oracións unidas pola conxunción e.
¿Cal das dúas é máis importante con relación á outra? ¿Podería ir escritas sen a conxunción e acabas ambas en punto.
Sen dúbida. Unha non precisa da outra. Pola tanto non están subordinadas.

18.1.3

As máis coordinadas máis usuais son:
.Copulativas (suma). Conxuncións: e, nin.
.Disxuntivas (opción). Cunxuncións: ou.
.Adversativas (oposición). Conxuncións: pero, mais, sen embargo, non obstante
.Distributivas (reparto). Conxuncións: xaxa, oraora.

Cando van sen nexo, chámanse xustapostas: Ven, vai…

18.1.4
Mais subordinación e a coordinación poden estar combinadas nunha oración composta:

Mentres non estiveron todos sentados, os rapaces calaban e as rapazas rían.

 

18.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

18.2.1

Distingue nestas oracións cales son simples e compostas. Nestas últimas, cales son subordinadas e cales son coordinadas:

-A campaña electoral en Afganistán marcou un fito na relevancia social da muller nese país.

-Xa traballes, xa estudes, terás tempo suficiente para te divertires algo.

-Sería desexable que a xente se enterase e se interese.

-Os cines éncheos xente de entre 20 e 40 anos e é doado encontrar personaxes para esas idades.

-Cumpriu 48 anos, pero continúa en posesión dun enorme sex appeal.

-E aí xorde a pregunta.
18.2.2

Completa estas transformacións seguindo o modelo:

Vinos./ Dígoche que os vin./ Porque os vin./ ¿Víchelos?
Lévote./
Compréillelo./
Pregúntocho./