2.1. FONÉTICA. AS PRONUNCIAS DO “N” E A SÚA RELACIÓN COS PRONOMES O/A/OS/AS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
2.1.1

O noso n ten dúas pronuncias.

Unha é propia do galego. Chámase velar e realízase achegando a lingua ao veo do padal, como se se tragase a letra trala pronuncia.

É a do n que vai ao final de palabra e no interior de unha, algunha e ningunha. Tamén é o sonido que ten cando vai diante dun é paragóxico, tan característico da lingua falada, na que tras dun n se pronuncia un e que non existe na normativa: conrazonhe, manhe, irmanhe

Cando vai no interior de palabra grafíase con nh

14.1.2

O outro n ten o sonido que se lles dá aos que aparecen na palabra anaina. Realízase na parte anterior da boca coa lingua tocando o padala onda os alveolos dentais.

2.1.3
Como excepciónn temos a pronuncia do n da negación non cando vai diante dos pronomes que fan de C.D. o/a/os/as. Neste caso silabéase con eles.

Non o fixen (soará no-no-fi-xen)
Non as levou (soará no-nas-le-vou)

Esta é a razón pola que os que pronuncian ben este non, escriben moitas veces da seguinte maneira: *No no levou. Está perfectamente pronunciado pero mal escrito.
2.2. Proposta de actividades

2.2.1
¿Como pronuncias ti esa secuencia de non+ o/a/os/as

2.2.2 Trata de pronunciar a preposición con en galego e en castelán e mira a diferencia de sonido e como debes colocar a lingua en cada caso para que se produza.
Faino despois con outras palabras que rematen en n e sexan comúns nas dúas linguas: camión, canción, invención, intervención, alimentación…

2.2.3. Pronuncia estas oracións:

O camión entraba/ El camión entraba.

Fíxate en que no galego hai un corte entre camión e entraba. No castelán, xúntanse as dúas palabras na cadea oral como no caso excepción do noso non con eses pronomes o/a/os/as.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anuncios

2 pensamientos en “2.1. FONÉTICA. AS PRONUNCIAS DO “N” E A SÚA RELACIÓN COS PRONOMES O/A/OS/AS

  1. 2.2.1
    Pronuncio coma se fora “no-no fixen”, ás veces incluso váiseme a man a reproducilo na escrita da mesma maneira e teño que corrixilo…
    2.2.2
    Nestes casos, fago a pronuncia velar, tanto en galego coma en castelán. Ou sexa, que o fago mal en castelán…?
    2.2.3
    Sígoa facendo velar…nen sabía que en castelán era interdental…penso que nunca mo ensinaran…
    (será por este tipo de cousas que me teñen dito que “falaba polo nariz” incluso falando en castelán? jajajaaa…) Dicíao de broma, pero ata é posible…
    Bicos, Helena…

    • Eu tamén o fago, a pesar de sabelo. Pero, xa que o sabes, fíxate cando oias castelán polo seu. O malo é cando todo iso o fai ao revés unha locutora da TVG ou unha profesora de galego. Hai quen non deu aprendido a dicir unha. Bicos tamén.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s