15. 1 PREDICADO VERBAL. VERBOS TRANSITIVOS E INTRANSITIVOS. COMPLEMENTOS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

15.1.1
Son verbos transitivos os que exigen un complemento directo para o seu pleno significado. Este complemento é un nome, o seu pronome correspondente ou toda unha oración que se lle subordina.
Fíxate nos diferentes complementos directos que pode levar o verbo ver.

Véxome no espello.
Véxote.
Véxoche mala cara.
Véxolle a luz pola fiestra.
Vexo unha persoa aí.
Vexo que necesitas axuda.
Vexo que necesitas axuda porque estás en apuros.

Os verbos transitivos poden levar tamén un complemento indirecto. Digamos que o complemento directo é “algo” e o complemento indirecto, “a/para alguén”.

Constata isto na oración: Véxoche mala cara. O que vexo é “mala cara” e a quen lla vexo é “a ti” (che)

Tanto o obxecto directo como o indirecto son nomes ou os seus substituíntes: pronomes ou oracións que se chaman subordinadas substantivas.

15.1.2

Son verbos intransitivos os que non teñen obxecto directo. Un exemplo de verbo intransitivo sería tusir.

Fíxate nos diferentes complementos que pode levar o verbo tusir (como ves é un verbo irregular que ten alternancia vocálica u/o no presente de indicativo). Ningún é obxecto directo.

Tuso.
Toses toda a noite.
Tose porque ten catarro.
Tusimos desde que mollamos os pés.
Tusides aínda que vos aseguraron que o xarabe vos quitaría a tos.
Tosen cando máis inoportuno resulta.

Os complementos dun verbo que non son nin directo nin indirecto chámanse circunstanciais e poden estar desempeñados por adverbios ou os seus substituíntes: frases preposicionais ou oracións subordinadas. Estas oracións subordinadas ao verbo principal chámanse oracións subordinadas adverbiais.

 
15.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Véxoche mala cara.
Véxolle a luz da galería.
Vexolles a intención que traen de me engañaren.
Pedinvos que me sacarades o billete do bus.
Rogáronme chegar puntual á cita.

15.2.1
Marca o núcleo do predicado principal que é común a estas oracións.

15.2.2
¿Hai verbos que non son o predicado principal? ¿Teñen eles o seu complemento directo?

15.2.3
Substitúe nas oracións do primeiro exercicio o complemento directo do verbo principal por cadanseu pronome. Exemplo: Véxocha.

15.2.4
¿Que pasa ao faceres esta substitución?

15.2.5
Converte en oracións negativas as oracións que che resulten no exercicio anterior.

15.2.6
¿Que acontece ao faceres esta conversión?

15.2.7

Marca os complementos circunstanciais destes predicados:

Cociñaba as lentellas no microondas

Esta tarde paseei polos xardíns.

Criselda corre todas as tardes.

Sempre deixo o ordenador riba da mesa.

Anuncios

Un pensamiento en “15. 1 PREDICADO VERBAL. VERBOS TRANSITIVOS E INTRANSITIVOS. COMPLEMENTOS

  1. 15.2.1
    Vexo, nas 3 primeiras. Pedín e roubaron, na cuarta e quinta respectivamente.

    15.2.2
    Si. Serían traen e engañaren na terceira, sacarades na cuarta e chegar na última.
    O OD de traen sería “a intención”, común á pral e a subordinada. Engañaren, penso que sería intransitivo. O OD de sacarades sería “o billete do bus”. E chegar, sería tamén intransitivo.

    15.2.3
    Véxolla. Véxollela. Pedínvolo. Rogáronmo.

    15.2.4
    Que contraen os pronomes: lle+a. Lles+a. Vos+o e me+o

    15.2.5
    Non cha vexo. Non lla vexo. Non llela vexo. Non volo pedín. Non mo rogaron.

    15.2.6
    O pronpme cambia de lugar.

    15.2.7
    No micrrondas. “Esta tarde”e “polos xardíns”. Todas as tardes. “Sempre” e “riba da mesa”.

    Xa miro as correccións pola noite ou mañán. Agora teño que ir a currar…
    Bicos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s