15.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Véxoche mala cara.
Véxolle a luz da galería.
Vexolles a intención que traen de me engañaren.
Pedinvos que me sacarades o billete do bus.
Rogáronme chegar puntual á cita.
15.2.1
Marca o núcleo do predicado principal que é común a estas oracións.
Vexo
Vexo
Vexo
Pedín
Rogaron
15.2.2
¿Hai verbos que non son o predicado principal? ¿Teñen eles o seu complemento directo?
. Traen/ O seu C.D. sería o propio nexo que, porque é un pronome (relativo) e substitúe a intención.
.Sacarades/ o billete de bus (de bus é un complemento do C.D. O núcleo é billete)
15.2.3
Substitúe nas oracións do primeiro exercicio o complemento directo do verbo principal por cadanseu pronome. Exemplo: Véxocha.
Véxocha.
Véxolla.
Véxollela.
Pedínvolo.
Rogáronmo.

15.2.4
¿Que pasa ao faceres esta substitución?
Que se contraen os pronomes que fan de C.I. e C.D.
15.2.5
Converte en oracións negativas as oracións que che resulten no exercicio anterior.
Non cha vexo.
Non lla vexo.
Non llela vexo.
Non volo pedín.
Non mo rogaron.

15.2.6
¿Que acontece ao faceres esta conversión?
Que o pronome pasa para diante do verbo na oración negativa.
15.2.7
Marca os complementos circunstanciais destes predicados:
Cociñaba as lentellas no microondas./ No microondas
Esta tarde paseei polos xardíns./ Polos xardíns
Criselda corre todas as tardes./ Todas as tardes
Sempre deixo o ordenador riba da mesa./ Riba da mesa

Anuncios

9 pensamientos en “15.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

  1. Boa tarde, Helena: Unha pregunta:
    “Engañaren”, na terceira oración e “chegar” na quinta, non son predicados sen OD? na terceira tiña dúbidas de si sería perífrase, aínda que pensei ao final, que se podía tomar o “traen” no seu siñificado habitual e por iso decanteime por que non era perífrase. Na quinta tiña máis claro que non era perífrase, por iso pensei que “chegar” sería tamén predicado…
    Ao ver as correccións dinme conta que “Esta tarde” da 15.2.7, segunda oración, e “Sempre”, da cuarta, eran complementos do suxeito, non do predicado…penso que cando fixen os exercicios, non era conscente que pedías os complementos circunstanciáis dos predicados non da oración.
    Bicos.

  2. Agora ao repasar, non teño claro o de “Esta tarde” e o de “sempre”, porque en realidade, parécenme complementos da acción dos predicados…ven sendo semellante a Criselda corre “todas as tardes”, non?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s