16.1 O PREDICADO. COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL. ADVERBIOS E PRONOMES.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
16.1.1

O núcleo do predicado pode tamén levar un complemento circunstancial que indica tempo, modo, lugar, acción… no que se desenvolve o que ese núcleo indica.

Estéfana xoga.
Estéfana xoga todos os días pola tarde.
Estéfana xoga co tren no corredor.
Estéfana xoga cando ten acabados os deberes.
Estéfana xoga para medrar sana.
Estéfana xoga como se tivese seis anos, aínda que xa ten dez.

Cibrán é bo.
Cibrán é bo cando lle cadra.
Cibrán é bo xerando ideas.
Cibrán é bo aínda que ás veces ten un xenio do demo.
Como podes ver, o C.C. pode ser unha oración que mesmo conteña outra. Teremos así unha oración subordinada adverbial porque fai o papel dun adverbio do predicado principal, nestes casos xoga e bo. Esa subordinada adverbial tamén pode ter complementos circunstanciais do seu propio predicado.
16.1.2

A colocación dos pronomes por mor dun adverbio que vai diante do verbo é un tanto complicada. Hainos que os atraen obrigatoriamente para onda eles: non, nunca, xamais, tampouco, mesmo, incluso, xa, case, ata, ben, mal, si, só, sempre, tamén…

Outros non esixen o cambio do pronome.

Ás veces, a colocación do adverbio antes ou detrás do verbo e o conseguinte arrastre do pronome canda el, dálle á oración un significado diferente:

“Mal te vexo” e “Véxote mal”, evidentemente non significan o mesmo.

 
16.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

16.2.1

Sinala os complementos circunstanciais dos seguintes predicados:

En Compostela non é posible atopar menús baratos.

Ás veces, a esperanza é moi dañina.

Se non fose obrigatorio, parece que Rajoy acudiría ás eleccións europeas sen candidato.

Neste lamentable estado atópase unha das cabinas na Praza Roxa santiaguesa.

Estamos nesta situación porque os dirixentes miran para os seus embigos.

 

16.2.2 ¿Hai algún que sexa unha oración subordinada adverbial?

 

16.2.3

Transforma segundo o modelo:

a) Véxoche o libro./ Xa cho vexo./ Tampouco cho vexo./ Mesmo cho vexo.
b) Deume tres berros./
c) Merqueille un rosco./
d)Tocoulles a lotería./

 
16.2.4
a) Posmo difícil./ Difícil mo pos.
b) Véxote mal./ Mal te vexo.
c) Mañá doucho./ Doucho mañá.

¿Que matiz cres que lle dá a cada oración o cambio de colocación pronominal?

 

 

Anuncios

3 pensamientos en “16.1 O PREDICADO. COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL. ADVERBIOS E PRONOMES.

  1. 16.2.1
    En Compostela.
    “Ás veces” e “moi dañina”.
    Imos ver, porque costoume (e non sei se será así…) Estaría o predicado pral, PARECE, unha subordinada adverbial “se non fose obrigatorio” e outra subordinada pral “Rajoy se presentaría ás eleccións europeas sen candidato”a súa vez, “ás eleccións europeas” e “sen candaidato” serían os c circunsstanciáis de ACUDIRIA…buff!!
    “Neste lamentable estado” e “na Praza Roxa santiaguesa”
    “Nesta situación” de estamos, e “para os seus embigos” de miran. Serían dúas principáis.
    16.2.2
    Estaría contestada na anterior: a de Rajoy e as eleccións europeas (que o demo a leve! á oración…)
    16.2.3
    Deume tres berros/tampouco mos deu/case mos deu/incluso mos deu…
    Merqueille un rosco/nunca llos merquei/xa llos merquei/sempre llos merquei…
    Tocoulles a lotería/tampouco llela tocou/sempre llela tocou/xa llela tocou…
    16.2.4
    a) difícil mo pos, penso que ten un matiz de reproche.
    b) Mal te vexo, tamén coma un certo reproche, aviso…
    c) non lle atopo o matiz diferente a doucho mañá ou mañá cho dou…
    Xa me bota fume a testa…jajaja…
    Saudiños…

    • Hai que dar un repasiño.
      Moi perigosa é un predicado nominal en oración atributiva.
      Fíxate tamén na 16.2.3.
      A lotería non é obxecto directo, senón o suxeito de tocar.
      Rosco é singular.
      Un repasiño e a ver se me dá tempo a poñer mañá as solucións. Ánimo que o fas ben, salvo algún erro. E só se trabuca quen traballa.

      • Aínda no mirara os teus apontamentos…
        O da 16.2.3 . Certo. O da loteria seria tampouco lles tocou a lotería etc…
        O do rosco, claro, sería nunca llo merquei, etc…
        O da atributiva, xa teño que miralo con máis tempo
        Bicos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s