16.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
16.2.1
Sinala os complementos circunstanciais dos seguintes predicados:
En Compostela non é posible atopar menús baratos.
Ás veces, a esperanza é moi dañina.
Se non fose obrigatorio, parece que Rajoy acudiría ás eleccións europeas sen candidato.
Neste lamentable estado atópase unha das cabinas na Praza Roxa santiaguesa.
Estamos nesta situación porque os dirixentes miran para os seus embigos.
(-miran para os seus embigos.-)

16.2.2 ¿Hai algún que sexa unha oración subordinada adverbial?
-Se non fose obrigatorio
-porque os dirixentes miran para os seus embigos

16.2.3
Transforma segundo o modelo:
a) Véxoche o libro./ Xa cho vexo./ Tampouco cho vexo./ Mesmo cho vexo.
b) Deume tres berros./ Xa amos deu./ Tampouco mos deu./ Mesmo mos deu.
c) Merqueille un rosco./ Xa llo mequei./ Tempouco llo merquei./ Mesmo llo merquei.
d)Tocoulles a lotería./ Xa lles tocou./ Tampouco lles tocou./ Mesmo lles tocou.

16.2.4
a) Posmo difícil./ Difícil mo pos.
b) Véxote mal./ Mal te vexo.
c) Mañá doucho./ Doucho mañá.
¿Que matiz cres que lle dá a cada oración o cambio de colocación pronominal?
Teñen diferencias de intensidade. Unha é máis enfática que a outra.
Na segunda, incluso pode facerse referencia ao verbo ver en sentido real (falta de visión), se o adverbio detrás, e a unha visión metafórica de advertencia: “Por aí non vas ben”, se o adverbio vai diante.

 

Anuncios

3 pensamientos en “16.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

  1. Bo día, Helena. Van as preguntas:
    Na primeira do 16.2.1, supoño que EN COMPOSTELA, é un CC, non?
    Na segunda MOI DAÑINA, non o é? CC de modo?
    Na que me liei: imos ver: hai tres predicados, polo tanto tres oracións, non? RAJOY ACUDIRIA AS ELECCIONS EUROPEAS SEN CANDIDATO, non ven sendo outra subordinada adverbial? A circunstancia de modo que se derivaría de PARECE? Non sei se me sigo liando…
    Na última, si, dinme conta mirando a túa corrección, que aínda que “os dirixentes miran para os seus embigos” teña siñificado completo, na oración que nos puxeches é unha subordinada adverbial. Q causa de que “estemos nesta situación”
    Que teñas un moi bo día…

  2. -Si, Luz. É un complemento circunstancial como unha casa. Teño eu un problema. Prepara o traballo en DOC e logo pásoo aquí. Antes recorda que poñía coloríns. Agora non me conserva nada do que poño -nin colores, nin negriña…- e teño que volver facer todo sobre o blogue. Ese complemento circunstancial salteino na segunda tanda. (Vou ver se me amañan este problema que me causa tanto traballo e mesmo algún erro).
    -Se repasas os predicados, verás que os hai de dúas clases: verbais (que teñen de núcleo un verbo) e nominais (que teñen de núcleo un adxectivo ou nome). Para estes últimos o verbo máis común é “ser”. Tamén o é “estar”, cando leva como núcleo ou atributo unha cualidade (estar san, estar enfermo, estar alegre) e algún outro asimilado (parecer contento). Poden parecérchese aos atributos aos complementos circunstanciais de modo en tanto que son “maneiras” de executarse o predicado. Pero neste caso -co verbo ser que precisa ser completado pola cualidade- non debera presentarche dúbidas e, seguro, que desde hoxe non chas presentará. Aínda así, podo explicalo máis detidamente se o precisas.

    -Se non fose obrigatorio, parece que Rajoy acudiría ás eleccións europeas sen candidato.

    1) Se non fose obrigatorio: Oración subordinada adverbial condicional. ESTA ORACIÓN É OUTRA ATRIBUTIVA, NA QUE OBRIGATORIO É O NÚCLEO DO PREDICADO, para que repases o de antes)

    2) Parece: Núcleo do predicado principal

    3) Que Rajoy acudiría ás eleccións europeas sen candidato: Oración subordinada substantiva que completa o verbo parecer, pero non engade ningunha circunstancia, por iso non é adverbial.
    Nela hai dúas circunstancias: ás eleccións europeas/ sen candidato.

    Oxalá che quedase aclarado. Todo este lío non tería sentido se non fose porque temos que coñecer as oracións subordinadas para colocarlles os pronomes no seu sitio.

    Bo día tamén para ti.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s