17.1 OS COMPLEMENTOS DO NOME. ORACIÓNS SUBORDINADAS DE RELATIVO OU ADXECTIVAS. PRONOMES17.1 OS COMPLEMENTOS DO NOME. ORACIÓNS SUBORDINADAS DE RELATIVO OU ADXECTIVAS. PRONOMES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

17.1.1

O núcleo do suxeito das oracións é un nome.
Pero o nome desempeña moitas funcións dentro da oración: núcleo do predicado nas oracións atributivas, complementos directo e indirecto, e circunstancial, e pode ser tamén o complemento doutro nome.

 

Luísa é abogada.
Lévalle este agasallo a túa nai.
Xenaro está na oficina.
Santiago, capital de Galicia, ten case cen mil habitantes.
17.1.2

O nome necesita palabras que precisan os seu significado. Unhas son os modificadores ou determinantes: artigos, numerais, posesivos, demostrativos… Outras son os adxectivos que o explican mellor. Ás veces, esta explicación faise con outro nome. Pode ir en forma de aposición -Santiago, capital de Galicia,- que se escribe entre comas, ou unido ao primeiro nome por unha preposición -capital de Galicia-.
A casa témola no campo.
A casa, herdanza dos avós, témola no campo.
A casa máis grande témola no campo cerca de Santiago.
A casa que viches na foto témola no campo cerca de Santiago nunha bonita urbanización.

Os adxectivos ou complementos preposicionais do nome poden ser unha oración, como ves no último exemplo anterior. Estas oracións son subordinadas e chámanse adxectivas –porque fan o papel dun adxectivo- ou “de relativo”, porque van introducidas por un pronome relativo, que ten dentro da súa oración función gramatical. Polo tanto sempre fan referencia a un nome antecedente.

A casa témola no campo cerca de Santiago nunha bonita urbanización: oración principal.
Que viches na foto: oración subordinada adxectiva ou de relativo.
Os elementos desta oración subordinada son:
Suxeito: ti (elidido por sobreentendido)
que: Complemento directo (a casa, que sería o antecedente)
viches: núcleo do predicado
na foto: complemento circunstancial.

Os pronomes relativos que poden introducir estas oracións son: que, quen, cuxo. O uso de cal nesta función é moi estraño ao galego.

Cómpre indicar quen non ten plural, aínda que si pode ir en plural o seu verbo.

Estes obreiros son quen dixeron que pararan a obra.
17.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
17.2.1

Subliña os nomes que aparecen nestas oracións:

Luísa é abogada.
Lévalle este agasallo a túa nai.
Xenaro está na oficina.
Santiago, capital de Galicia, ten case cen mil habitantes.
Estes obreiros son quen dixeron que lles pararan a obra.
17.2.2

Indica que oracións subordinadas encontras.
a) A rapaza loira quere que a invites a un refresco.
b) Alexandre e Alsira que estiveron escoitando a radio din que mañá dará o sol.
c) O paxaro fixo o niño no ramallo que é máis mesto.
d) Díxenche ben clariño que non quero que me chames máis.

17.2.3
¿Cales son adxectivas ou de relativo?
17.2.4

Dígoche que veñas/ Dígocho/ Non cho digo/ ¿Por que cho digo?
Pregúntolle que fai/
Aconséllolles que marchen/
Asegúrovos que é certo/

 

Anuncios

8 pensamientos en “17.1 OS COMPLEMENTOS DO NOME. ORACIÓNS SUBORDINADAS DE RELATIVO OU ADXECTIVAS. PRONOMES17.1 OS COMPLEMENTOS DO NOME. ORACIÓNS SUBORDINADAS DE RELATIVO OU ADXECTIVAS. PRONOMES

  1. 17.2.1
    Luisa, abogada
    Agasallo, nai
    Xenaro, oficina
    Santiago, capital, Galicia, habitantes
    Obreiros, obra
    17.2.2
    a) que a invites a un refresco
    b) que estiveron escoitando a radio
    c) que é máis mesto
    d) que me chames máis.
    17.2.3
    “Que estiveron escoitando a radio” e “que é máis mesto”.
    17.2.4
    Pregúntolle que fai/pregúntollo/non llo pregunto/por que llo pregunto?
    Aconséllolles que marchen/aconséllollelo/non llelo aconsello/por que llelo aconsello?
    Asegúrovos que é certo/asegúrovolo/non volo aseguro/por que volo aseguro?
    Bicos e boa noite, Helena.

  2. Xa vin o erro: “din que mañá dará o sol”, non me din conta que eran dúas oracións, porque non me din conta que había dous predicados (e non porque pensara que era perífrase, claro!), só me fixei en que tiña significado completo, e, xa que logo, facíaa como que formaba parte da oración principal que sería: “Alexandre e Alzira din que mañá dará o sol”, sen darme conta, xa digo, que “que mañá dará o sol” é outra subordinada.
    Logo vin que na d) tiven outro erro: non vin a de “que non quero” como subordinada, dinlle voltas á cousa, decidinme como que eran dúas principáis coordinadas “díxenche ben clariño” unha, e “non quero” a outra.. Agora xa vexo que ese “non quero” ou máis ben “que non quero” é o CD de “díxenche ben clariño”, e polo tanto subordinada a esa principal. É así, non?
    Bueno, boa noite, Helena…

  3. Así mesmo, moza. Agora iremos coas coordinadas, que é o que nos queda e logo coa colocación dos pronomes nelas. Sen este circunloquio de entendelas, de saber por que están e a quen substitúen non é posible aprender a colocar nada. Un bico.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s