18.1 ORACIÓNS COORDINADAS. PRONOMES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

18.1.1
Viñemos repasando a oración composta formada por subordinación. Na oración composta que viñamos vendo, algún dos seus elementos eran substituídos por outra oración de menor rango en tanto que quedaba sobordinada á principal formando parte dela e sen significado pleno por si mesmo.

Tamén vimos que as oracións subordinadas substituían:
a) Nomes en calquera das súas función (suxeito, atributo, e complemetos directo e indirecto).
b) Adverbios (complementos circunstanciais).
c) Adxectivos ou complemento dos nomes (adxectivas ou de relativo).

18.1.2
Pero as oracións compostas tamén poden formarse con oracións simples que teñen todas o mesmo valor e sentido independentes. Son as oracións compostas por coordinación.

Xerome chegou ás cinco e ás sete xa andaba de xoldra.

Temos dous predicados verbais, xa que logo temos dúas oracións unidas pola conxunción e.
¿Cal das dúas é máis importante con relación á outra? ¿Podería ir escritas sen a conxunción e acabas ambas en punto.
Sen dúbida. Unha non precisa da outra. Pola tanto non están subordinadas.

18.1.3

As máis coordinadas máis usuais son:
.Copulativas (suma). Conxuncións: e, nin.
.Disxuntivas (opción). Cunxuncións: ou.
.Adversativas (oposición). Conxuncións: pero, mais, sen embargo, non obstante
.Distributivas (reparto). Conxuncións: xaxa, oraora.

Cando van sen nexo, chámanse xustapostas: Ven, vai…

18.1.4
Mais subordinación e a coordinación poden estar combinadas nunha oración composta:

Mentres non estiveron todos sentados, os rapaces calaban e as rapazas rían.

 

18.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

18.2.1

Distingue nestas oracións cales son simples e compostas. Nestas últimas, cales son subordinadas e cales son coordinadas:

-A campaña electoral en Afganistán marcou un fito na relevancia social da muller nese país.

-Xa traballes, xa estudes, terás tempo suficiente para te divertires algo.

-Sería desexable que a xente se enterase e se interese.

-Os cines éncheos xente de entre 20 e 40 anos e é doado encontrar personaxes para esas idades.

-Cumpriu 48 anos, pero continúa en posesión dun enorme sex appeal.

-E aí xorde a pregunta.
18.2.2

Completa estas transformacións seguindo o modelo:

Vinos./ Dígoche que os vin./ Porque os vin./ ¿Víchelos?
Lévote./
Compréillelo./
Pregúntocho./

Anuncios

2 pensamientos en “18.1 ORACIÓNS COORDINADAS. PRONOMES

  1. 18.2.1
    A primeira, simple.
    As catro seguintes compostas, e a derradeira, simple.

    Na segunda, haiche un pouco de todo (se non me trabuco): as dúas primeiras coordinadas distributivas (xa traballes, xa estudes) A terceira yuxtaposta e a cuarta, subordinada.
    Na terceira, “sería desexable” pral. “Que a xente se entere” (subordinada) e “se interese” outra subordinada e coordinadas entre si.
    Na cuarta, (“os cines…”) dúas coordinadas copulativas.
    Na última composta (“cumpriu…), dúas coordinadas adversativas.
    18.2.2
    Lévote/dígoche que te levo/porque te levo/lévote? Ou lévasme?…
    Compréillelo/dígoche que llelo comprei/porque llelo comprei/compreillelo? Ou compráchesllelo?
    Pregúntocho/dígoche que cho pregunto/porque cho pregunto/pregúntocho?
    Rematei, profe.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s