18.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
18.2.1
Distingue nestas oracións cales son simples e compostas. Nestas últimas, cales son subordinadas e cales son coordinadas:

 
SIMPLES:
a) A campaña electoral en Afganistán marcou un fito na relevancia social da muller nese país.
b) E aí xorde a pregunta. NUNHA ANÁLISE SINTÁCTICA MOI MINUCIOSA DIRIAMOS QUE É UNHA ORACIÓN COORDINADA CO PARÁGRAFO ANTERIOR, POR COMEZAR CON ESE E. RECORDADE QUE NUNCA HAI UNHA SOA COORDINADA, PORQUE NINGUNHA É PRINCIPAL.

 
COMPOSTAS:
a) Xa traballes, xa estudes, terás tempo suficiente para te divertires algo.
Oración principal: terás tempo suficiente.
Oracións coordinadas distributivas: Xa traballes, xa estudes.
Oración subordinada adverbial final: para te divertires algo.
b) Sería desexable que a xente se enterase e se interese.
Oración principal: Sería desexable
Oración subordinada sustantiva de atributo: que a xente se enterase e se interese.
Oracións coordinadas copulativas dentro da subordinada: a xente se enterase e se interese.
c) Os cines éncheos xente de entre 20 e 40 anos e é doado encontrar personaxes para esas idades.
Parágrafo formado por dúas oracións coordinadas copulativas:
-Os cines éncheos xente de entre 20 e 40 anos
-e é doado encontrar personaxes para esas idades.
Esta coordinada contén unha sobordinada substantiva de atributo: encontrar personaxes para esas idades.
d) Cumpriu 48 anos, pero continúa en posesión dun enorme sex appeal.
Oracións coordinadas adversativas
-Cumpriu 48 anos
-pero continúa en posesión dun enorme sex appeal.

 

18.2.2
Completa estas transformacións seguindo o modelo:
Vinos./ Dígoche que os vin./ Porque os vin./ ¿Víchelos?
Lévote./ Dígoche que te levo./ Porque te levo./ ¿Lévasme?
Compréillelo./ Dígoche que llelo comprei. Porque llelo comprei./ ¿Compráchesllelo?
Pregúntocho./ Dígoche que cho pregunto. Porque cho pregunto. ¿Pregúntasmo?
 

Anuncios

Un pensamiento en “18.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s