19.1 ORACIÓNS COMPOSTAS E O USO DOS PRONOMES ÁTONOS NELAS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

19.1.1 ORACIÓNS SUBORDINADAS

Todas as oracións subordinadas –substantivas, adverbiais e adxectivas- levan o pronome átono diante do seu verbo. Esta foi a razón pola que percorremos os recoveques da sintaxe da oración composta.
Esta é unha excepción moi importante, xa que na comunicación hai moitísimas oracións subordinadas, e a máis difícil de aprender. Se tedes dúbidas, podedes repasar as pequenas unidades que se lles dedican pois só entendendo o seu papel dentro do discurso, poderedes descrubrir unha oración subordinada.

Hai moitas conxuncións subordinantes e moitas destas oracións levan un verbo en infinitivo, xerundio ou paricipio que non precisa nexo subordinante. Deséxovos moita sorte neste empeño de colocar be o pronome e estarei sempre ao voso dispór para calquera consulta.

 

19.1.2 ORACIÓNS COORDINADAS

As oracións coordinadas copulativas levan o pronome átono detrás do verbo. As que se constrúen con nin, Lévano detrás de polo seu sentido negativo.
Aínda así hai que ter en conta que dúas oracións poden ser coordinadas copulativas entre elas pero estar subordinadas a outra. Neste caso, para a colocación pronominal prima a subordinación.
Recordemos tamén que as oracións con pronomes, demostrativos, adverbios ou conxuncións negativos (non, nunca, ninguén, ningún, xamais, nin..) levan diante o pronome átono.
Tamén levan detrás o pronome átono as coordinadas adversativas.

 
19.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Coloca no seu sitio os pronomes que se indican na mesma orde de colocación que van citados. Rescriben ben a oracións coas maiúsculas e os acentos que lles correspondan:

19.2.1 te/me
vou ver hoxe á túa casa, que ben acordo onde vives.

19.2.2 me/lle/o/me
A quen agasa cun ovo de Páscoa considerarei meu padrino aínda que non sexa nada.
19.2.3 o/nos/o
Cando vimos entrar naquela tenda que atendera tan mal, chamamo para que non entrase.

19.2.4 nos/lle/o
preguntaron que hora sería cando vimos sacar o saco e meter no maleteiro.

19.2.5 me/o/nos
Nin saudou nin saudei porque xa hai moito que non falamos.

19.2.6 se/os
A todos aqueles que ven pasar fame e non lles aguza o sentido da xustiza, maldigo .

19.2.6 mo/me/cho
Non traias agora, cando ves máis apurada, que non quero .

19.2.7 lles/os
veñen facendo o conto con mentiras e eles botan igual.

19.2.8 me/me/
gustaría saber se estás tomando o pelo, xa que tes dado ben motivos.

Anuncios

5 pensamientos en “19.1 ORACIÓNS COMPOSTAS E O USO DOS PRONOMES ÁTONOS NELAS

  1. 19.2.1
    Voute ver hoxe á túa casa, que ben me acordo onde vives.
    19.2.2
    A quen me agasalle cun ovo de Pascua, considerareino meu padriño, aínda que non me sexa nada.
    19.2.3
    Cando o vimos entrar naquela tenda que nos atenderan tan mal, chamámolo para que non entrase.
    19.2.4
    Preguntáronnos que hora sería cando lle vimos sacar o saco e metelo no maleteiro
    19.2.5
    Nin me saudou nin o saudei, porque xa hai moito que non nos falamos.
    19.2.6
    A todos aqueles que ven pasar fame e non se lles aguza o sentido da xustiza, maldígoos.
    19.2.7
    Non mo traias agora, cando me ves máis apurada, que non cho quero.
    19.2.8
    Véñenlles facendo o conto con mentiras e eles bótanos igual.
    19.2.9
    Gustariame saber se me estás tomando o pelo, xa que tes dado ben motivos.

    Rematados os exercicios da que, parece ser a última aula.
    Dubidei bastante coa última, porque pareciame que podería faltar un me e non sabía se colocalo en “gustariaME”, como ao final fixen ou en “xa que ME tes dado ben motivos”…ao final, fixen como fixen…
    Vou botar en falta as leccións…repasarei algo de cando en cando. E ademáis sei onde teño o material, cando o precise…grazas, Helena.
    Bicos.

    • Isto non remata aquí, amiga. Teño pensado seguir, que queda moito que facer. Non te preocupes e tampouco non te fartes.
      Están moi ben, Na última podería outro me -que eu non sinalei-sería:
      Gustaríame saber se me estás tomando o pelo, xa que me tes dado ben motivos.

      Parabéns e unha aperta.

      • Ata a seguinte, logo.
        Ao mellor utilizo, mentras, este lugar para preguntarche dúbidas.
        E tamén, atoparémonos polo fb, cando menos.
        Outra aperta para ti.

  2. A primeira é como a puxen ou sería “Vou verte…” ou pode ser das dúas maneiras…? E que o “te” CD é referido ao verbo “ver”, de aí a miña dúbida…ao dicilo, cádrame das dúas maneiras…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s