20. 1 CASTELANISMOS SINTÁCTICOS. OS PRONOMES. USO E COLOCACIÓN. PRÁCTICA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Aquí tes unha relación de oracións mal construídas, verbo dos pronomes: ou non son os debidos, ou non están escritos con acento por ser tónicos, ou están descolocados. Son sacados da rede e deron orixe a este blogue.

 

É A PRIMEIRA ENTREGA DO TRASMALLO QUE OS PESCOU. TERÁS OCASIÓN DE PRACTICAR TODO O APRENDIDO. ESCRÍBEAS EN GALEGO COMO DEBEN ESTAR.

 

Teño unha amiga que esperame para merendar.

Se supon que xa van protexidas

Vai ser cousa dos da parroquia do lado que fixéronse fortes

Eu o dicía pola saia que prestáchesme.

É que non decatouse de que os da zona do Norte somos pobres.

O que pasoulle a esta cubana falando galego na Renfe ourensá.

Son novas rúas que vanse abrindo na cidade.

A colada ma levo posta e o ben que me senta.

O outro día emocionoume que unha persona despois de 60 no estranxeiro, falándolle en galego, respondéseme en galego tamén.

O fixeron a unha velocidade de relustro.

Así llelo trato de facer comprender ao meu colega.

Mo sacaches da boca.

Nos a toleramos e a comprendemos.

Aínda haberá galegos que voten aos que botan a nosa mocidade á deportación e exilio. Os maldigo.

Cando a inxustiza chama á túa porta non pregunta a quen lle votaches.

Cando chego á porta do baño dun bar, xa vou preparada para atoparme de todo.

Creo que pronto envíoche fotos da miña excursión

Eu sempre dígolle o mesmo.

Se vai por onde andedes non vola perdades.

 

Anuncios

5 pensamientos en “20. 1 CASTELANISMOS SINTÁCTICOS. OS PRONOMES. USO E COLOCACIÓN. PRÁCTICA

  1. Teño unha amiga que me espera para merendar.

    Suponse que xa van protexidas.

    Vai ser cousa dos da parroquia do lado que se fixeron fortes.

    Eu dicíao pola saia que me prestaches.

    É que non se decatou que os da zona do Norte somos pobres.

    O que lle pasou a esta cubana falando galego na Renfe ourensá.

    Son novas rúas que se van abrindo na cidade.

    A colada lévoa posta e o ben que me senta.

    O outro día emocionoume que unha persona despois de 60 anos no extranxeiro, falándolle en galego, me respondese tamén en galego.

    Fixérono a unha velocidade de relustro.

    Así llo trato de facer comprender ao meu colega.

    Sacáchesmo da boca.

    Nós tolerámola e comprendémola.

    Aínda haberá galegos que voten aos que botan á mocidade á deportación e ao exilio. Maldígoos

    Cando a inxustiza chama á túa porta, non pregunta a quen votaches.

    Cando chego á porta do baño dun bar, xa vou preparada para atopar de todo.

    Creo que pronto che envío fotos da miña excursión.

    Eu sempre lle digo o mesmo.

    Se vai por onde andedes, non a perdades.

    Bueno, Helena. Facilitáchesme moito o repaso. Direiche que os pronomes das subordinadas, das interrogativas, das negativas…saíanme bastante “de natural”. En troques, as que van precedidas de adverbio, non sei por que non tanto.
    Non lembro si cando fixen algo de galego, estudara tanto os pronomes coma contigo. Si sei que cando escriba o vou ter máis claro. (Por exemplo este último “vou ter” “de natural saíame “vouno ter” agora sei que pode ser dunha maneira ou da outra por ser perífrase, non?)
    Grazas e unha aperta grande.

  2. Benquerida alumna: Os pronomes están perfectos.
    Hai unha oración mal construída -ademais de ter mal o pronome- e póñocha ben só para que quede perfecta:
    “É que non se decatou DE que os da zona do Norte somos pobres”.

    En canto á construción do infinitivo, si que pode ser das dúas maneiras. Ás veces ata de tres.

    Seguiremos facendo fincapé nas necesidades que vou vendo nas entradas de Face e Twitter. Eu non creo que me contaxie de tanto desastre.

    Só por ti, pagaría a pena ter feito este esforzo, que para min éo grande porque me quita moito tempo, o máis valioso don que hoxe posúo.
    Apertas grandes e seguimos aquí traballando por dignificar unha lingua que, de non a ter mamado cando estaba menos castelanizada -contra o que os inxenuos cavilan polo do vocabulario, que o resolve un dicionario-, ten as súas dificultades de aprendizaxe. Porque é unha lingua moi rica e matices e merece moito respecto e non falala á tola sen conciencia de ter que a aprender e mellorar. .

    • Helena, concordo contigo na importancia do que dis. Cando comecei non sabía ben se iba poder seguilo como quería por ese don do que falas: o tempo. Pero como desexo de facelo non me faltaba…aí foi. Grazas polo teu esforzo, aínda que sei que cando o desexo é grande búscanse as maneiras de levalo ao cabo…e así foi, profe. Cando me pregunte a xente, sobre todo o meu compañeiro -nativo arxentino de pais emigrantes-, detalles (entre os que non poucas veces está a colocación dos pronomes) ante a escritura dun texto, vou ter máis claro a resposta. Logo hai outras cousas como as conxugacións dos verbos que tamén entrañan a súa dificultade…iso sei que é máis doado de atopar en libros de lingua. Pero dame moita xenreira, ter tantas dúbidas. Eu fun falante “híbrida” (coma as rebanadas jeje…) de pequena, e logo castelanizada. Ata que hai anos propúxenme falar galego. E sigo sendo “híbrida”…coa xente coma a miña familia e amizades cos que falaba castelán, sígoo a facer…porque me resulta forzado facelo en galego con el@s…polo tanto o teño un pouco difícil por toda esta mistura…pero bueno…teño interés en facelo mellor. Bueno, vaia roio que che botei…
      Outra aperta, xa que logo…

  3. Imos corrixir algo, porque está xa incorporado ao meu ADN:
    Ben (por bueno)
    Rolo (por roio)
    Polo tanto, téñoo un pouco difícil.

    Falo moi ben. Diría que eras falante habitual e moi concienciada. Seguiremos, de momento cos pronomes, e logo pasamos ao que queirades ou precisedes. Pensaba dedicarlle tamén uns temas ao infinitivo conxugado, que mal empregado é un pedrazo.
    Se tes algunha dúbida allea ao curso, utiliza a mensaxe do Face.
    Bicos grandes.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s