22.1 O INFINITIVO CONXUGADO. FORMAS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

22.1.1
O noso infinitivo ten unha particularidade que axuda a recoñecer cal é o suxeito da súa oración: desinencias para algunhas das persoas gramaticais.
Vexamos o verbo deixar:

Deixar (eu)
Deixares (ti)
Deixar (el/ela)
Deixarmos (nós)
Deixardes (vós)
Deixaren (eles/as)

Así pois, as desinencias son:

Eu –
Ti –es
El/a –
Nós –mos
Vós –des
Eles/as –en

O infinitivo conxugado non é estrictamente necesario, pero si é unha das características da nosa lingua que non debe desaparecer.
Non saber utilizalo conduce, non obstante, a unha percepción equívoca ou absurda da oración, polo que debe empregarse con propiedade ou renunciar a el.

As aprendizaxes son dúas:

1ª) As formas, ás que imos dedicar esta unidade
2ª) Os usos, xa que a súa utilización está admitida ou non segundo a sintaxe da frase.

 

 

22.1.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

22.1.2.1

-Segue colocando nesta frase o infinitivo, coas desinencias que pode levar, indicando entre paréntese o suxeito co pronome tónico correspondente. Vai xa resolta a primeira persoa.

.De non estar dacordo, non asinamos. (Eu)
.
.
.
.
.

 

22.1.2.2

¿Cres que uso deste infinitivo aporta información útil para a cabal comprensión da mensaxe? Xustifica a resposta.
22.1.2.3

-Mira se están ben conxugados estes infinitivos. Indica por que e corríxeos no seu caso.

.Está ben rectificar e pedir desculpas, pero está moito mellor seren profesional e contrastar as imformacións que se dan.

.Despois de pasaren un día de tanto traballo, vou para a cama que estou moi canso.

.Cómpre comprendermos a situación da lingua para axudarmos a amañala.

.Con estaren calados bastante facedes, que sodes moi latriqueiros.

 

Anuncios

6 pensamientos en “22.1 O INFINITIVO CONXUGADO. FORMAS

  1. 22.1.2.1
    – De non estares dacordo, non asinamos. (Ti).
    – De non estar dacordo, non asinamos. (Ela/el).
    – De non estarmos dacordo, non asinamos. (Nós).
    – De non estardes dacordo, non asinamos. (Vós).
    – De non estaren dacordo, non asinamos. (Elas/eles).

    22.1.2.2.
    Coido que si, pois grazas a el sabemos de quen estamos a falar sen o mencionar explicitamente.

    22.1.2.3
    – Está ben rectificar e pedir desculpas, pero está moito mellor serES profesional e contrastar(ES) as imformacións que se dan. Non pode ser SEREN pois estamos falando en singular. Terá que ser serES ou ser.

    – Despois de pasar un día de tanto traballo, vou para a cama que estou moi canso.
    Non pode ser PASAREN se estou falando de min.

    – Cómpre comprendermos a situación da lingua para axudarmos a amañala.
    Está ben, pois somos nós os que comprendemos e axudamos.

    – Con estarDES calados bastante facedes, que sodes moi latriqueiros.
    Non pode ser ESTARES xa que estamos falando en plural.

  2. 22.1.2.1
    De non estares dacordo, non asinamos ( ti)
    De non estar dacordo, non asinamos (el/ela)
    De non estarmos dacordo, non asinamos (nós)
    De non estardes dacordo, non asinamos (vós)
    De non estaren dacordo, non asinamos (eles/elas)
    22.1.2.2
    Si, aporta. Se utilizamos só a forma estar sen conxugar, non sabemos quen ou quenes non están dacordo.
    22.1.2.3
    Está ben rectificar/rectificares e pedir/pedires disculpas, pero está moito mellor ser/seres profesional e contrastar/es as información que se dan. (Ao aparecer a palabra “profesional”, dinos que é en aingular.
    Despois de pasar d un dia de tanto traballo, vou para cama que estou moi canposo.
    Cómpre comprendermos a situación da lingua, para axudarmos a amañala. (Está ben)
    Con estardes calados, moito facedes que sodes moi latriqueiros (é segunda do plural)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s