26.3.1
Completa estas oracións:
-¡Que bonita é esta rosa COA que me agasallaron hoxe!
-Hoxe agasallareivos CON dúas perdices.
CON isto vouche ben agasallado.
-Lévalle este agasallo A/Á tÚa avoa.
-¿Que queres de agasallo? O meu consello é unha bicicleta.
OS nosos amigos agasalláronos CO mellor regalo que tiñan: COA súa visita.
26.3.2
Corrixe estes castelanismos e pon o que falta:
¿Ídes perder o xantar de mañá?
Eu non perdo esa xuntanza por nada do mundo.
¿Vas ir ao noso concerto? Eu non o perdería.
¿A que hora é ese debate tan pavero dos/cos vosos amigos que aspiran a dirixir a nosa asociación?
26.3.3
Subliña os vocativos das seguintes oracións:
-Parabéns, Xulia, polo aniversario.
-Que non che pareza mal o que che digo, Carme, porque non hai ánimos de te amolar.
–Xesús e André, vide aquí agora mesmo.
¡Ai, miña amiga, se eu che contase!
Non te poñas pesado, , que non é así.
26.3.4
-Coloca as comas nos correspondentes vocativos:
Miña nena, hai que estar ás duras e ás maduras.
Deiche as grazas, mamá, porque as mereces.
¿A que hora é mañá a xuntanza, Carlos?
Non che sei, miña prezada Rosa, cal é a causa.