23.1. INFINITIVO CONXUGADO: REPASO DAS FORMAS E DAS ORACIÓNS SUBORDINADAS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
23.2. PROPOSTA DE ACTIVIDADES
23.2.1

Segue colocando nesta frase o infinitivo, coas desinencias que pode levar, e facendo o resto do cambio que precisa para que se axeite a cada unha das persoas gramaticais.

.Ter unha bolsa facilitaríame moito a carreira. (Eu)
.
.
.
.
.

 

23.2.2

Cambia as formas de infinitivo polas do infinitivo conxugado:

-Un estudo exhaustivo da retina permítenos detectar enfermidades que serían graves a longo prazo.
-Gran parte do labor destas mulleres consiste en proporcionar axuda a persoas que perderon a vivenda.
-Son moitos os Concellos que fan coincidir o que lle cadre coa celebración das Letras Galegas.
-O grupo pretende recuperar unha música esquecida.
23.2.3
Volvemos á sintaxe, porque a imos precisar para estudar os usos deste infinitivo.

Ter unha bolsa facilitaríame moito a carreira.

É unha oración composta por subordinación.

-¿Cantos suxeitos ten?
-¿Cantos predicados?
-¿Cal é a oración principal?
-¿Que papel desempeña a subordinada?
3.2.4

Cómpre prestar moita atención a estes exercicios.

É unha oración composta por subordinación.

-¿Cantos suxeitos ten?
-¿Cantos predicados?
-¿Cal é a oración principal?
-¿Que papel desempeña a subordinada?

 

 

23.2.5

Precisas levar esta maleta para meter os libros.

É unha oración composta por subordinación.

-¿Cantos suxeitos ten?
-¿Cantos predicados?
-¿Cal é a oración principal?
-¿Que papel desempeña a subordinada?

 

Anuncios

4 pensamientos en “23.1. INFINITIVO CONXUGADO: REPASO DAS FORMAS E DAS ORACIÓNS SUBORDINADAS.

  1. 23.2.1
    Ter unha bolsa facilitariame moito a carreira.
    Teres unha bolsa facilitariache moito a carreira.
    Ter unha bolsa facilitarialle moito a carreira.
    Termos unha bolsa facilitarianos moito a carreira.
    Terdes unha bolsa facilitariavos moito a carreira.
    Teren unha bolsa facilitarialles moito a carreira.
    23.2.2
    Un estudo exhaustivo da retina permítenos DETECTARMOS enfermidades que serían graves a longo prazo.
    Gran parte do labor destas mulleres consiste en proporcionar axuda a persoas que perderon a vivenda.
    Son moitos os Concellos que fan coincidir o que lle cadre coa celebración das Letras Galegas.
    O grupo pretende recuperar unha música esquecida.
    Nestas 3 últimas, penso que o suxeito é a terceira persoa do singular
    23.2.3
    “Ter unha bolsa facilitariame moito a carreira”.
    Ten dous suxeitos, dous predicados. A oración principal sería “facilitariame moito a carreira”. A subordinada (ter unha bolsa), desempeña o papel de suxeito da principal.
    23.2.4
    “Cómpre prestar moita atención a estes exercicios”
    Non ten suxeito, é impersoal. Dous predicados. A oración principal sería “Cómpre”. A subordinada cumple a función de CD da principal.
    23.2.5
    “Precisas levar esta maleta para meter os libros”
    Ten un suxeito. Dous predicados. A oración principal sería “Precisas” a subordinada cumple a función de CD da principal.

    • Boa tarde, Helena.
      Vin o erro. Trabuqueime, “elas” é plural.
      Unha pregunta: na seguinte oración “moitos Concellos fan coincidir…”, é perífrase, non si? Sendo perífrase, non se conxuga? Porque se non sería tamén “fan coincidiren”, non?
      Outra pregunta: na subordinada que me apuntaches que non era impersoal, “prestar moita atención a estes exercicios”, cal é, logo, o suxeito? Eu, nós, vós…pola desinencia sería EU ou el/ela…pero en realidade non ven sendo unha especie de “todo o mundo”? Non sería, logo, impersoal?

      Ao volver a botarlle unha ollada á 23.2.5:
      Non son tres predicados? Porque “precisas levar” non é perífrase…non? Por que a desinencia é -r en troques de -es?

      O que me dis da sintase, sempre me gustou a lingua, en xeral, comprendéndoa bastante ben. Ao revés, mesmiño, que as mates…
      Saudiños, grazas e ata a próxima…

      • Casos como “fan coincidir” ou “precisas levar” están xusto excluídos do seus uso porque o suxeito dos dous verbos é o mesmo. Explícase na próxima lección.
        En canto á de Cómpre… Podemos considerar que a subordinada é o suxeito da principal, desde outro punto de vista. Salvo no galego, que pode marcar os suxeitos, os infinitivos son formar impersoais do verbo.
        Seguimos agora cos usos do infinitivo conxugado onde se explican as túas dúbidas en dous casos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s