24.1. INFINITIVO CONXUGADO: USOS. REPASO DAS FORMAS, DAS ORACIÓNS SUBORDINADAS E DOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O infinitivo conxugado úsase só nos seguintes nos seguintes casos:

a) Cando o suxeito da oración principal e o que pode expresar o infinitivo non son o mesmo.
b) Cando vai antecedido dunha preposición.
Caso a)

Cómpre levarmos paraugas.

Compre: 3ª peroa do singular
Levarmos: 1ª Persoa do plural

Pero:
Quen facemos poesía debemos ter en conta que é un xénero minoritario.

Facemos: 1ª persoa do plural
Ter: 1ª persoa do plural
Caso b)

Ao saíres, pecha a porta.
De estarmos aquí, imos mercar pan que o hai do bo.

 
24.2. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

24.2.1
Coloca o infinitivo conxugado onde poidas facelo:

a)Se ademais de coser sabes tamén cortar, es xastre completo.
b)
De vivir máis lonxe da cidade, teriamos mercado un todorreo para poder trasladarnos todos os día.
c)
Os Concellos non están a facer nada que conduza á súa fusión.
d)
Temos que mercar leña para facer lume, que está a primavera fría.
e)
Os delicuentes non souberon esconder a proba do delicto.
f)
Non sei se seremos quen de conservar a calma.
g)
Pescanova pode saír a concurso antes de trinta días.
h)
O G-7 da banca logra anexionar o 64% dos acreedores.
i)
A eses préstalles durmir pola vella.

 

24.2.2

Constrúe esta oración con todas as formas do infinitivo conxugado e o pronome átono correspondente.

.¿Pagarame a pena entrar se está acabando a función?
.
.
.
.
.

 

Anuncios

4 pensamientos en “24.1. INFINITIVO CONXUGADO: USOS. REPASO DAS FORMAS, DAS ORACIÓNS SUBORDINADAS E DOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS.

  1. 24.2.1
    a) Ficaría como está. É o mesmos suxeito.
    b) De vivirmos máis lonxe das cidade, teriamos mercado un todoterreo para podermos trasladarnos todos os días. (Ou “…para podermos trasladar todos os días”?
    c) Os Concellos non están a faceren nada que conduza á súa fusión.
    d) Temos que mercar leña para facermos lume, que está a primavera fría.
    e) Fica tamén igoal, o mesmo suxeito. Tampouco o antecede nengunha preposición.
    f) Non sei se seremos quen de conservarmos a calma. (Polos dous casos)
    g) Fica como está
    h) Fica igoal.
    i) A eses préstalles durmiren pola vella.

    24.2.2
    -Pagarame a pena entrar se está acabando a función?
    -Pagarache a pena entrares se está acabando a función?
    -Pagaralle a pena entrar se…
    -Pagaranos a pena entrarmos se…
    -Pagaravos a pena entrardes se…
    -Pagaralles a pena entraren se…

    Bo día, Helena.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s