25.1 CASTELANISMOS MORFOSINTÁCTICOS. REPASO E PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
25.1.1 O noso trasmallo recolle erros da rede, pero tamén da prensa escrita e de calquera texto que chegue onda nós e non veña como debe.

Hoxe di o titular dun xornal: “Os alumnos de primaria lerán polo menos 30 minutos ao día en clase”.

A expresión EN CLASE é un castelanismo. Como tamén o sería EN CASA. En galego, sempre se utilizará “a casa” e “a clase” (entendida como aula) despois de preposición.
25.1.2 Contracción das preposicións cos artigos a/as/o/os

As preposicións a, con, de, en e por contráense cos artigos determinados do seguinte modo:

-Á/ ó-ao/ ás/ ós-aos
A pronuncia de ó e ao é a mesma: un o aberto como o da palabra HOME.

-Coa/co/coas/cos

-Da/do/das/dos
Para distinguilos destas contraccións, as formas do verbo dar DÁ e DÁS levan un acento diacrítico.

-Na/no/nas/nos.

-Pola/polo/polas/polos. A palabra PÓLA –ponla, parte da árbore- leva acento diacrítico para distinguila desta contracción e na pronuncia ten o O tamén aberto.

 

 

25.2. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

25.2.1 Completa coa preposición e o artigo correspondente, coidando de facer as contraccións que sexan precisas entren elas e os artigos:

Andaba — casa arrastrando os pés sobre uns trapos para sacar brillo — madeira do chan.

Fórona buscar — clase, porque tiña que ir — súa neta — hospital por unha urxencia.

Ata as nove menos dez non vos quero ver — clase.

¿E el que faceces todo o día — casa coas fiestras a medio abrir?

Fixo unha carreira e valeulle para andar — casa. Segue no paro.

Andaba a pedir — camiños e desprezaba cousas — que se podía amañar.

Daquela, eu quería chourizo — tenda, pois desprezada o — casa.

Saíron casa e marcharon — alforxas ben cargadas.

 

 

25.2.2

Corrixe os seguintes castelanismos e os erros do infinitivo:

*Agradecendo a vosa atención, me despido.

*Non queremos que ninguén mais véxase perxudicado coas prácticas desta persoa.

*Non me penso perder as análises “patrióticas” do tema gastronómico.

*En canto saibamos algo che decimos.

*Fago isto para seren un bo colega.

*Éme hora de ires para a cama, que mañá teño que madrugar e tira o colchón por min.

 

Anuncios

7 pensamientos en “25.1 CASTELANISMOS MORFOSINTÁCTICOS. REPASO E PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

  1. 25.2.1
    Andaba POLA casa arrastrando os pés sobre un trapo, para sacar brillo NA madeira do chan.
    Fórona buscar Á claseporque tiña que ir COA súa neta AO hospital.
    Ata as nove menos dez non vos quero ver NA clase. (ou POLA clase)
    E el que facedes todo o día NA casa coas fiestras a medio abrir?
    Fixo unha carreira e valeulle para andar POLA casa. Segue no paro.
    Andaba a pedir POLOS camiños e desprezaba cousas NAS que se podía amañar.
    Daquela eu quería o chourizo DA tenda, pos desprezaba o DA casa.
    Saíron DA casa e marcharon COAS alforxas ben cheas.
    25.2.2
    Agradecendo a vosa atención, despídome.
    Non queremos que ninguén máis se vexa perxudicado coas prácticas desta persona.
    Non penso perder as “análises” patrióticas do tema gastronómico.
    Cando saibamos algo cho dicimos.
    Fago isto para ser un bo colega.
    É hora de irme para cama, que mañana teño que madrugar e o colchón tira por mín.

    Bo día, Helena.

    • Helena, hai tempo que quería mellorar o meu galego, na escrita e na fala. Teño pouco tempo, e o teu benquerido empeño facilítame as cousas. Así que, eu encantada…bicos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s