26.1 CONSTRUCIÓNS COS VERBOS AGASALLAR, OBSEQUIAR E PERDER. O ARTIGO COS POSESIVOS. OS VOCATIVOS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
26.1.1
Verbo agasallar.
O verbo agasallar rexe a prepesoción con. Está mal construída xa que logo calquera oración que se pareza a: Agasalláronme unha garavata, porque o agasallado son eu. Xa que logo, as oracións que levan este verbo constrúesen coa proposición con:

Agasalláronme cunha garabata.

Igual se constrúe o verbo obsequiar.

Hoxe obsequiáronme cun ramo de rosas.

 
26.1.2

Verbo perder

É habitual ler nestes medios “*Non mo perdo” (un espectáculo). Este uso do pronome reflexivo (me, te, se, nos, vos, se) non existe no noso idioma. Na primeira persoa non vos soa mal. Se o tentarades facer na segunda coa mesma construción, ¿como poñeriades? ¿Non *to perdas? ¿*Non te o perdas? E se fose na terceira persoa, ¿poñeriades non *so perdas? Non o darías feito.

O verbo perder é transitivo. Se me perdo, pérdome eu no monte ou onde sexa. Non tendo este uso, o texto non é galego. Así que fóra e olliño, que este castelanismo está moi imposto xa.

 
26.1.3.

Os nosos posesivos en xeral levan artigo.
Os meus cartos pagan como os de calquera”. “A miña aldea ten mar”
A excepción sona os vocativos, é dicir, esas chamadas a alguén que na escrita van entre comas. Tamén hai que aprender este uso da coma, que non aparece case en ningún texto. Ímolo repasar hoxe.

“Eu non che teño a culpa diso, meu fillo, aínda que ti o penses”.
Poden ir sen artigo algúns nomes de parentesco, como miña nai, meu sogro…. Como non é obrigatoria a supresión, se o poñedes sempre non erraredes.

 

26.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

26.2.1

Completa estas oracións:

-¡Que bonita é esta rosa — que me agasallaron hoxe!
-Hoxe agasallareivos — dúas perdices.
—- isto vouche ben agasallado.
-Lévalle este agasallo — túa avoa.
-¿Que queres de agasallo? – meu consello é unha bicicleta.
— nosos amigos agasalláronos — mellor regalo que tiñan: — súa visita.

 

26.2.2

Corrixe estes castelanismos e pon o que falta:
*¿Ídesvos perder o xantar de mañá?
*Eu non me perdo esa xuntanza por nada do mundo.
*¿Vas ir – noso concertó? Eu non mo perdería.
*¿A que hora é ese debate tan pavero — vosos amigos que aspiran a dirixir —nosa asociación?

 

26.2.3
Subliña os vocativos das seguintes oracións:
-Parabéns, Xulia, polo aniversario.
-Que non che pareza mal o que che digo, Carme, porque non hai ánimos de te amolar.
-Xesús e André, vide aquí agora mesmo.
¡Ai, miña amiga, se eu che contase!
Non te poñas pesado, hom, que non é así.
26.2.4
-Coloca as comas nos correspondentes vocativos:
Miña nena hai que estar ás duras e ás maduras.
Deiche as grazas mamá porque as mereces.
¿A que hora é mañá a xuntanza Carlos?
Non che sei miña prezada Rosa cal é a causa.

 

Anuncios

4 pensamientos en “26.1 CONSTRUCIÓNS COS VERBOS AGASALLAR, OBSEQUIAR E PERDER. O ARTIGO COS POSESIVOS. OS VOCATIVOS.

  1. 26.2.1
    Que bonita é esta rosa COA que me agasalloron hoxe.
    Hoxe agasallareivos CON dúas perdices.
    CON isto vouche ben agasallado.
    Lévalle este agasallo Á túa avoa.
    Que queres de agasallo? O meu consello é unha bicicleta.
    OS nosos amigos agasalláronos CO mellor regalo que tiñan: A súa visita.

    26.2.2
    Ides perder o xantar de mañá?
    Eu non perdo esa xuntanza por nada do mundo.
    Vas ir ao nosos concerto? Eu non o perdería por nada do mundo.
    A que hora é ese debate tan pavero cos vosos amigos que aspiran a dirixir a nosa asociación?

    26.2.3
    Xulia
    Carme
    Xesús e André
    Miña amiga
    Hom

    26.2.4
    Miña nena, hai que estar as duras e as maduras.
    Deiche as grazas, mamá, porque as mereces.
    A que hora é mañá a xuntanza, Carlos?
    Non che sei, miña prezada Rosa, cal é a causa.

    Saudiños, profe.

    • Dérame conta que eran contraccións…debeu ser un despiste.
      Do de.hoxe onde podería ter problema sería no de perder. O resto xa o tiña eu de meu…
      Pero ben. Grazas polos parabéns.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s