CO NOSO REFRANEIRO 1. Dó dame o dente/ que come a semente.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
1

Dó dáme o dente
que come a semente.

SIGNIFICADO DO REFRÁN
Está relacionado coa previsión económica, pois sempre hai que gardar para a sementeira e non se debe dilapidar alegremente a colleita.

2
SIGNIFICADO DA PALABRA DÓ (Dicionario da RAG)

Substantivo masculino
1 Sentimento de pena ou mágoa que produce no espírito o sufrimento de alguén e que leva a tratar de evitalo ou de non aumentalo Ten dó do pobre rapaz, non o castigues máis. Mallaron nel sen dó nin piedade SINÓNIMOS compaixón, conmiseración CONFRONTAR misericordia, piedade
2 Sentimento de dor ou mágoa por algunha cousa Non ten dó ningún dos bens que lle legaron os devanceiros
3 Dor ou aflición que se sente por algo
Dó pola morte dun ser querido

 

Pronúnciase co o aberto (como o de óso)

Ter dó de algo é ter pesar por el, non querer dalo.

“Ofreceumas e, ao collerllas, miroume como se me tivera dó delas”.

“Podedes levar os figos que apañedes, que non vos teño dó deles.

3
NOVOS CAMPOS DE USO:
Está moi presente na nosa fraseoloxía e debemos tratar de metela nos contextos menos rurais, substituíndo o castelán duelo:

-Está pasando a etapa do dó pola morte da súa nai.
-Presidían o dó do defunto os familiares e as autoridades.

4 OUTROS SIGNIFICADOS DE DÓ

Dó tamén se chama a primeira nota da escala musical.

Do é unha contracción da preposición e o artigo o. Neste caso non leva acento gráfico e a súa pronuncia faise cun o máis pechado (como o de oso)

5 REPASO

Recordamos que o lugar de colocación do noso pronome átono é detrás do verbo se non hai diante de ambos ningunha palabra que o arrastre.

Dó dáme o dente.

O dente dáme dó.

Vinte hoxe na feira.

Díxellelo e non fixeron caso.

Anuncios

5 pensamientos en “CO NOSO REFRANEIRO 1. Dó dame o dente/ que come a semente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s