HISTORIAS DA LINGUA I

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Entro nunha panadería de Santiago a mercar unha chapata. Mentras me atende a dependenta, voulle preguntando por unha serie de produtos que hai no mostrador. E dime de súpeto:
-Vostede fala moi ben o galego, ¿verdade?
-Debera -respondín eu.
-¿Pódolle preguntar unha cousa?
-Claro que si. O que guste.
-¿Que significa “doado?
-Vén do verbo doar e sería “regalado”, “dado”, pero xa pasou a signicar “fácil”.
-¡Ah! Oíno moitas veces na televIsión. “É moi doado”, pero non sabía que era. É que nós falamos, ¿sabe?. Pero ao rapaz, que vai ao colexio de….. estanllo facendo perder. E nós non queriamos.
-Fan ben. Nós tampouco llelo deixamos perder aos nosos.
-Pero Vde. é estudada e ben se lle nota en como fala…
-Si. Son estudada, por sorte.
-Pois hei ir apuntando cousas que non entendo e, se volve por aquí, pregúntolle. ¿Podo?
-Claro que si. Virei máis veces, non se preocupe.

Saín e, fóra da porta, ripei dúas bágoas coas mans.

8 thoughts on “HISTORIAS DA LINGUA I

Deixa unha resposta a Luz Marcos Buján Cancelar a resposta