III A LINGUA E O GLAMOUR

SANYO DIGITAL CAMERA

A miña filla e eu fomos mercar unha prenda de agasallo para unha terceira persoa, que moito nola merecía, a un comercio de Santiago. A dependenta, unha dona elegante concorde coa categoría do comercio que estabamos pisando, empezou a amosarnos variantes do produto solicitado.

Mentres buscaba nos andeis e sacaba das caixas pezas para o mostrador, a rapaza e eu fomos falando das nosas cousas e, ao ter diante a prenda que nos ensinaba, opinabamos unha coa outra, da calidade, da forma, da cor e dos gustos do receptor do galano… A dependenta seguíanos mostrando en orde crecente de prezos e, cousa que tampouco era de estrañar, cada peza que traía gustábanos máis. Finalmente decidímonos pola máis cara e glamurosa e, mentres nola envolvía moi amañada para agasallo, seguimos dándolles voltas aos nosos asuntos e ao mundo, alleas á súa presenza.

Antes de nola cobrar, mirou para min en fite e preguntoume:
-Ustedes son portuguesas, ¿verdad?
-Non, non. Somos galegas. A rapaza é compostelá e eu vin da provincia de Lugo, pero levo moitos anos aquí.
-¡Ah! Perdón.

Quedou tan cortada que ata se puxo rubia. A pobre muller non dera casado aínda o que ela cre idioma pobre do país co dispendio da prenda que, por un azar capichoso, levabamos connosco. Por iso tiñamos que ser extranxeiras para que todo lle cadrase.

Anuncios

4 pensamientos en “III A LINGUA E O GLAMOUR

  1. Que magoa de país vivimos en mundos paralelos. Que só se atopan cando non concordan as nosas espectativas dos probes pailans que falan galego, con dúas señoras con clase que mercan falando coma os pailáns. Es que a mi chica, eso me rompe los esquemas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s