HISTORIAS DA LINGUA V. PAX GLIACIANA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Nun afastado reino chamado Gliacia había unha escola para nenas e nenos pequenos, que chegaban falando gliaciano, pero na pizarra e nos murais poñían rótulos didácticos na lingua dun imperio mundial que o país deixaba impoñer de moi boa gana, para ver se medraba. Tamén usaban outro idioma de medioimperio para que as criaturas saísen finas e se lles fose preparando o seu futuro, porque os habitantes de tal país críanse nacidos para marchar. Polos mediados de maio, un día poñían nun cartel rechamante, feito entre todos con moito amor: “Día das Letras Gliacianas”. Deste xeito, na escola de Gliacia -que significa país das marabillas- e na Gliacia mesma hai unha harmonía idiomática envexable, inversamente xerarquizada segundo a lóxica común que adoita rexer a maioría dos países. E todos os habitantes desa terra –desde o último pastor de gando miúdo ao sublime emperador que ordena e manda- gozan dunha nunca suficientemente louvada paz lingüística.

 

Advertisements

4 thoughts on “HISTORIAS DA LINGUA V. PAX GLIACIANA

  1. Vai ser a paz da serpe aterida de frio, que un bo día un labrego atopou no prado. Compadeceuse o labrego da serpe e meteuna no seu seo para revivir ao animal, mais cando o animal reviviu, agradeceullo cunha mordida mortal. Moralexa non te fies nunca dunha víbora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s