2 CONSTRUCIÓNS GALEGAS. MAL USO DE LLE/LLES.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
2.1 VERBO INFORMAR

O verbo informar leva a preposición de:

Informaron do que pasara en París.

Xeralmente infórmase de algo a alguén que resulta informado. Ese algo é o que vai unido ao verbo pola preposición de, mentres que o pronome substituto dese ALGUÉN é un complemento directo.

Recordemos os pronomes átonos complementos directo:

me
te
o/a
nos
vos
os/as

O impersoal sería se.

 

Prestade atención a estas construcións galegas:

-Infórmoume de que tiña que pasar unha revisión.
-Infórmote de que vou estar fóra catro días.
-Infórmoo/ infórmoa de que non o/a podo recibir neste momento.
-Informáronnos de que non chegan ata mañá pola tarde.
-Informaranvos de como debedes facer para atinardes do sitio.
-Informáranos/Informáranas xa de que non era posible.
Recordamos que estes pronomes adoitan ir detrás do verbo, se non son a) oracións negativas, b) interrogativas con partícula, c) subordinadas ou d) non van introducidas por algunhas das palabras que excepcionalmente atraen o pronome:

a) Non os informaran de que non era posible.
b) ¿Quen as informara de que non era posible?
c) Dixeron que os informaran de que non era posible.
d) Alguén os informou de que non era posible.

 

PERO O QUE NOS INTERESA RESALTAR HOXE É QUE NON PODEN LEVAR OS PRONOMES LLE/LLES

*Infórmolle que recibimos o seu pedido (HAI DOUS ERROS, falta a preposición de e úsase mal o pronome obxecto directo)
*Infórmolles que non abrimos ata as dez (HAI OS MESMOS ERROS ANTERIORES)

 
2.2 OUTROS VERBOS QUE NON LEVAN *LLE/LLES, senón os obxectos directos o/a/os/as.

Atender (aténdoo/a *NON ATÉNDOLLE)
Molestar (moléstoo/a *NON MOLÉSTOLLE)
Votar (voteino/a *NON VOTEILLE)
Este uso é un castelanismo que está pasando ao galego culto por medio de escritos e usos de neofalantes que teñen diante da audiencia certo prestixio. Nada me estrañaría que, dentro de pouco, empezaran a autocorrixirse tamén os bos falantes para acabar facéndoo todos mal.

Anuncios

9 pensamientos en “2 CONSTRUCIÓNS GALEGAS. MAL USO DE LLE/LLES.

  1. Moitas grazas, Helena, polos recordatorios…
    Que importante…! e é certo, que ás veces, xa entran dúbidas e non polo que está ben dito ou ben escrito, senon polo mal-dito…
    Eu voume moito ao lle ou lles, cando é con tratamento de “vostede”. Porque sería neste caso tamén o/os, ou a/as, non si?
    Bicos

      • E que me expliquei moi mal:
        Refírome na segunda persoa tanto do singular coma do plural, pero co chamado tratamento de respecto dirixíndome a “vostede”.
        No exemplo de “infórmote de que vou estar fóra catro días” no caso ao que me refiro, é fácil que eu diga “infórmoLLE (a vostede) de que vou estar fóra catro días”. E penso que será “infórmoO de que vou estar fóra catro días” coa mesma forma pronominal que a terceira persoa tanto do singular coma no plural…
        Bicos.

  2. Ou referiaste a isto, estou pensando…porque no exemplo de “infórmolle de que recibimos o seu pedido, ou infórmolles de que non abrimos ata as 10″…decátome que semella que sería o caso ao que eu me refería…!
    En fin…

    • Si. Só hai que substituír a persona no pronome, pero segue sendo o obxecto ou complemento directo do verbo informar: “Infórmoo/a de que o seu pedido xa foi enviado esta mañá”. O mesmo pasaría no plural. Por iso é bo recordar a lista dos directos e dos indirectos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s