Terraza de café con sombra en día de calor. Estase ben e hai varias mesas ocupadas. Nunha, está un rapaz da ESO cun caderno de apuntes facendo que le. Cabo del, seu avó toma un chiquito. O rapaz pasa follas e empeza a falar en voz alta:
RAPAZ: Conjunciones…
AVÓ: As conxuncións son moi difíciles porque veñen do latín.
RAPAZ: Del francés.
AVÓ: Ah! Cambiárono logo agora. Nos meus tempos non era así.
RAPAZ: Si. Ahora eso cambió mucho. Cambió todo mucho, abuelo.
A min marchábame o coche da liña e tiven que saír. Eles supoño que seguirían cos cambios…
Hai mestres que debían estar cunha picaña no monte arrincando fentos e toxos pra a cousa da biomasa. Por riba ninguen lle di aos rapaces que escoite aos avos e aos ancians que so por experiencia saben mais ca eles.
O dia de mañan ese rapaz será un dos moitos zopencos do goberno ou da oposición
Non che falta razón, Lina. Eu quedei desolada de tanta ignorancia e prepotencia perante un avó. Así vai todo.
😳😁tedes toda a razón…
Algún día a educación retomará o seu papel. Bicos, amigas.